luns, 6 de abril de 2020

Artefactos de estampación II [SERIGRAFÍA]

Seguimos coa sección de artefactos de estampación, na primeira parte vimos cómo facer unha prensa de gravado coa impresora 3D. Hoxe veremos curiosas máquinas de estampación serigráfica feitas na casa.

Comezamos coas do Calotipo que é un estudo de deseño e estampación artesanal de Zaragoza que fusiona procesos gráficos tradicionais con novas tecnoloxías en materia de deseño. está situado no barrio de San Pablo, unha contorna que dende o século XV, foi testemuña da evolución destes oficios nos seus talleres.
" Pretendemos dar impulso a esta zona da cidade así como recuperar uns antigos oficios e traballar tomando as novas tecnoloxías como punto de partida: porque a impresión manual xera unhas calidades nos soportes de interese no deseño gráfico. No Calotipo, producimos e comercializamos produtos editoriais selectos, cartelería, pezas textiles e outros obxectos de papel, elaborados con medios de estampación tradicional e coidados deseños.
Realizamos talleres formativos dos que se denominan Artes do Libro: serigrafía, gravado, tipografía manual e con fotopolímero (letterpress), encuadernación e deseño gráfico aplicado a cada técnica.
Ademais poñemos á túa disposición a maquinaria para os teus proxectos de autoedición así como residencias para artistas a nivel nacional e internacional. "

No Calotipo, entre moitas cousas interesantes, atopamos estas fotos de artefactos de estampación curiosos :





Serigrafiaitalia : no seu facebook atopamos unha foto de esta bici-carro-serigráfica :


 A seguinte é de doingbitstudio:
 .

 Esta é de zygotepress:
Pulpo de madera de Printingplans.
Para descargar os planos:
Screen Printing Press HOME
Page 2: Building the Platen Arm and Platen
Page 3: Building the Rotating Printing Press
Page 4: Building the Rotating Printing Press (Part 2)


Hola Por Qué : Unidade de serigrafía móbil


  The Tired Press :




¿O obradoiro dentro dunha maleta? Sí, zuloazul o fixo:








Para elaboración básica e sinxela de mesa con bisagras para unha pantaia deixo este enlace.


 Aquí unha proposta asequible, sinxela e que podemos facer con cousas que teñamos pola casa por exemplo cun bastidos de coser e unha media. Tedes un vídeo de cómo facelo paso a paso premendo aquí.

 E para rematar unha curiosidade: estos autómatas de madeira que están serigrafiando e estampando co tórculo, traballo de Wanda Sowry.
Para ver o video de cómo funcionan en movemento clica aquí.

Continuará...

4 comentarios:

  1. Alba, tenemos que hacer el de la bicicleta!!!

    ResponderEliminar
  2. Siii!, xa fai anos que o temos en mente a ver se desta vai, un abrazote Federico!

    ResponderEliminar
  3. Alba canto inxenio, moi interesante ;D

    ResponderEliminar

¡Anímate a participar cos teus comentarios!