No capítulo de hoxe, atopámonos fronte ao espello do corpo e alma que ispe Helen Pynor, unha artista inglesa que en moitas das súas obras utiliza o pelo humano para tecer o propio tecido que levamos connosco. Redundar sobre o tema colócanos dentro de nós mesmos e trasládanos á conciencia da fraxilidade humana. Doutora en filosofía pola universidade de Sydney, é unha investigadora impasible que reflicte por medio da súa obra a fraxilidade do humano e como esa fraxilidade invístese faise forte no seu discurso.
Déixovos o enlace da súa páxina. E unha verdadeira exquisitez ver a obra desta artista contemporánea do encaixe.
Impresionante, como é capaz de tecer eses fíos tan finos e delicados! Encantoume
ResponderEliminar