luns, 6 de abril de 2020

Visita Tres Grandes Museos sen Saír de Casa [BIBLIOTECA]


Grazas a diversas iniciativas de dixitalización do patrimonio cultural, podemos acceder a numerosos museos do mundo sen movernos de casa, basta con ter un acceso a internet. Todos teñen coleccións dixitalizadas onde ver fotografías das pezas da colección e algúns tamén catálogos exhaustivos, vídeos de percorridos polas súas salas ou mesmo verdadeiras visitas virtuais interactivas. Os museos online son excelentes recursos didácticos para mestres e profesores especialmente neste período de corentena. 
Hoxe propoñemos a visita a tres grandes museos españois:


O Museo do Prado xa afacía ter un gran número de seguidores nos seus directos en Instagram (tamén visibles en Facebook). Podemos botar unha ollada á súa canle de Youtube para atopar un gran número de obras comentadas e de conferencias. Se nos gusta ler, os textos máis interesantes quizá sexan os de Estudos e restauracións. Non só serven para comprender o exhaustivo traballo de limpeza e reparación ao que se someteron obras míticas como poden ser as do Dos y el Tres de mayo de Francisco de Goya, senón que tamén explican o contexto histórico destes cadros. 
Tamén podemos mergullar no arquivo do museo  que conta máis de 13.000 rexistros. A evolución das salas do Prado, a correspondencia entre os directores, o que supuxo a Guerra Civil para a institución, etc. Todo iso atópase dixitalizado para a súa consulta. A falta de actividades presenciais, a área de Educación desenvolveu unha serie de contidos para escolares que poden ser descargados polos mestres e as familias, onde hai información para todos os gustos. 
Doutra banda tamén están as apps oficiais do museo, que basicamente permiten penetrarse en obras con todo luxo de detalles e navegar por elas descubrindo as historias dos seus personaxes. Existen tres: para 14 grandes obras mestras do Prado, para os cadros do Bosco e para coñecer a colección do Tesouro do Delfín.
Nestes días de corentena, puxo en marcha «El Prado contigo», un programa de actividades a través das súas redes sociais para manter a súa conexión co público durante o tempo que o museo permaneza pechado ao público. 


O Reina Sofía conta con microsites especificamente creados para diferentes exposicións destacadas do centro. Son unha serie de páxinas con textos de profesionais de investigación e imaxes presentes na mostra. Tamén dispón de fondos documentais como o dedicado ao cadro de Guernica, con máis de 2.000 arquivos sobre a obra de Pablo Picasso. 
Se queredes é ver algún vídeo, o apropiado sería ir ata a zona multimedia do museo. Alí atópanse entrevistas, conversacións entre artistas e mesmo interesantes documentais. 
Outra opción para explorar é a radio online do museo. Está dividida en catro canles, a través dos cales se poden escoitar algúns dos clips e entrevistas que compoñen as mostras presenciais. 
Tamén ofrece un mapa interactivo coas itinerancias das exposicións e as actividades ao longo do mundo desde os inicios do Museo.

O Thyssen inaugurou a finais de febreiro una das súas principais exposicións temporais, dedicada a Rembrandt e a súa faceta como retratista en Ámsterdam.
Outra maneira de experimentar a súa visita é a de percorrer os corredores da súa exposición permanente a través dun microsite inmersivo no que o usuario pode avanzar, retroceder ou volverse cara a cada unha das obras das salas. Podemos ir "paseando" libremente polas súas coleccións e plantas, deternos nas súas obras, facer zoom e, se hai unha que nos interese máis, podemos facer click no aviso emerxente que salta para obter máis información.
Non é a única visita virtual, tamén están presentes moitas outras pertencentes a exposicións pasadas que igualmente poden ser de interese, como a que repasa o vínculo entre os pintores impresionistas e os comezos da fotografía.
A pesar da corentena pódese gozar da enorme oferta online do museo, que seguirá levando a cabo a súa misión, a través a súa páxina web e de educathyssen. org.

Non podemos saír de casa para ir aos museos, pero os museos si poden entrar nas nosas casas e dar algo de variedade á actividade "caseira" que estamos a realizar estes días de forma obrigatoria. 

3 comentarios:

¡Anímate a participar cos teus comentarios!