Todos os anos algún dos proxectos do grupo avanzado xira ao redor do retrato. É unha desas temáticas pola que o alumnado ten un interés moi especial en dominar, e que no obradoiro de Debuxo abordamos durante todo un trimestre. Vemos o retrato do natural, a partir de fotografía e probamos diversas técnicas e acabados...desde unha perspectiva tanto clásica como máis contemporánea...para que o alumnado obteña as ferramentas que lle permitan encarar esta temática como lle apeteza no futuro.
Pero claro, como encarar ou abordar un PROXECTO ca temática do retrato sen caer no puramente técnico e ser quen de conseguir un traballo máis persoal e sincero?. Realmente é un tema tan repetido con demasiada frecuencia en Debuxo e Pintura que penso que o único xeito de abordalo co fin de obter resutados satisfactorios é o do puro disfrute persoal do que o realiza, é dicir aboradalo por puro pracer, de xeito puramente hedonista.
Esto é o que vexo no proxecto de Ana, do grupo Avanzado, e que hoxe quero compartir. Trátase dun proxecto de autorretrato..unha historia da sua vida a través de como a súa faciana foi mudando, cambiando. O seu obxetivo non é sesudo ainda que si introspectivo, pero desde unha optica do disfrute incluso da chanza divertida de atoparse co tempo e como este nos deixa marca.
Deixo unha selección dos seus debuxos. Bravo Ana!!
|
Xuventude nos 80... cando levaba ombreiras. Acuarela e estilógrafo
|
|
Sigo sendo nova pero non tanto. Acuarela. A mancha domina |
|
Bolígrafo para a madurez. O boli bic que tanta compañía me fai |
|
Son libre. O pastel permíteme reflexar este optimismo a través da cor. |
|
Hoxe xa unha muller feita. Non teño que darlle contas a ninguén. Ainda que en branco e negro síntome optimista |
Grazas Ana polo teu traballo.
Moi bo traballo!!;D Bravo por Ana
ResponderEliminarMola ver a evolución dos proxectos. Grazas a Ana por compartir o seu traballo. Un saudiño e saúde!
ResponderEliminarE isto é só un adianto
ResponderEliminarMoi bo traballo o de Ana. Parabéns!!!
ResponderEliminarHola a tod@s.
ResponderEliminarMoitas grazas. Alégrame que vos guste.
Moito ánimo e saúde para tod@s.
Gústanme moitísimo!!, Ana.
ResponderEliminarApertas.
Me encanta, toda una artista .
ResponderEliminarMe encanta tus dibujos, toda una artista
ResponderEliminar