luns, 6 de abril de 2020

Proxecto RONSEL [CAIM GAITA]

O proxecto Ronsel xurde da colaboración entre as Consellarías de Cultura e Deporte, Innovación e Industria e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) da Xunta de Galicia e as Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo. As tres guías fundamentais deste proxecto, a desenvolver en cinco anos, son a realización do inventario, a salvagarda e a posta en valor do Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI) de Galicia.
O Proxecto RONSEL pretende a documentación e investigación exhaustiva de todo este patrimonio, ademais da súa promoción, protección, difusión e transmisión. Posto que se pretende abordar estas tarefas de xeito científico para maximizar a súa eficacia, unha primeira etapa do proxecto foi realizar unha valoración inicial do estado do noso Patrimonio Cultural Inmaterial. Esta análise realizouse coa participación de todas as partes implicadas, os/as observadores/as e os/as observados/as, os/as científicos/as e os/as portadores/as da nosa tradición, as institucións e as asociacións civís. Deste xeito, a fase inicial do proxecto Ronsel, pensado para desenvolverse nun período de cinco anos, foi executada entre xuño e novembro de 2007, e consistiu fundamentalmente na elaboración dun Plan Salvagarda e Posta en Valor, é dicir, no deseño dun plan de accións relativas ó patrimonio que permitan cumprir os obxectivos xa indicados. Convocáronse un total de cincuenta especialistas en diferentes ámbitos do PCI, persoas que desde todos os ámbitos da sociedade galega, achegaron as súas ideas e coñecementos para a elaboración dun documento que pode guiar ás institucións públicas no establecemento de medidas que permitan poñer en valor, salvagardar e revitalizar o noso patrimonio inmaterial; un documento que achega as necesidades técnicas e os planos para tender unha ponte entre as administracións, as universidades, as asociacións e as propias comunidades de portadores do coñecemento tradicional.
Un dos aspectos estudados dentro deste proxecto, non podía ser outro que a música popular, e nese ámbito, lóxicamente, os sinxelos instrumentos empregados polas xentes dos nosos pobos, e feitos sempre coa inspiración do propio entorno, que nos ofrece todo tipo de materiais e recursos para a súa elaboración.
A continuación deixovos unha serie de videos elaborados para este proxecto nos que se amosa o sinxelo proceso de fabricación dalgún destes intrumentos.

O Reque-Reque



O Mirlitón



A Gaita de cana



A Zoadeira



O Carrizo


5 comentarios:

  1. Precioso proxecto e tamén moi didáctico!! Grazas Carlos ;D

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Anímate a facer algun, Sandra.

      Eliminar
    2. Intentareino, polo menos o reque reque, o problema é que non teño cana pero a ver si atopo algo que me sirva ;DD

      Eliminar
    3. Seguro que algo terás pola casa

      Eliminar
  2. ¡Que boa recopilación de videos! ¡Moitas grazas Carlos! A falta de torno e gaita, pode ser unha boa idea para facer máis ameno o confinamento na casa...

    ResponderEliminar

¡Anímate a participar cos teus comentarios!