Estamos recibindo moitas respostas ás nosas propostas de compartir os traballos feitos nas vosas casas neste período de confinamento. Pensamos que, neste senso, sería bo dar algúns consellos sinxelos sobre como facer fotos de debuxos, pinturas e obxectos e así disfrutar mellor das vosas imaxes e aportarvos unha ferramenta, tamén, para a difusión actual ou futura do voso traballo artístico e artesán.
Máis que facer un tutorial propio, propoñémosvos ver estes tres recollidos na web e que pensamos que dan solucións doadas e interesantes para poder mellorar as nosas fotos co móbil, con tablet ou cunha cámara compacta.
O primeiro video é sobre a aplicación Photoscan de Google (aquí para iPhone e iPad), o segundo, sobre como fotografar obxectos co móbil e luz natural, e o terceiro, xa con algunha montaxe máis, sobre como facer fotografía de produto.
¡Esperamos que vos sexan de utilidade!
Moi interesante, moitas grazas
ResponderEliminarBoa idea!!!
ResponderEliminarGrazas M Jesús e Carlos por comentar. A verdade é que moitas veces nonos paramos a pensar que facer unha foto de maior calidade non ten por que ser un engorro. Con poucos coñecementos (aínda que sexa desexable coñecer o máximo posible as caracerísticas e posibilidades da cámara que usamos) e practicamente sen investimento material nun "equipo".
ResponderEliminarGracias!!!
ResponderEliminar