mércores, 8 de abril de 2020

Bobbin Hodd [SERIGRAFÍA]

Sen emulsión fotosensible, bloqueador, nin insoladora, unha das formas básicas de serigrafar na casa é mediante padróns usando a pantalla serigráfica como tamiz.
Son moitos os artistas que traballan con esta técnica. Hoxe veremos o traballo de Bobbin Hodd, básico e sinxelo para traballar con poucos recursos na casa e que serve como complemento para realizar o exercicio  de estarcido (aberto a quen desexe participar, xa sabedes, mandade as vosas propostas a serigrafiaemao@gmail.com, estades a mandar cousas ben chulas!).

















Na súa web fai reportaxes do traballo doutros artistas que tamén traballan con esta sinxela técnica, como Mara Piccione




Titorial mediante fotos e vídeo de como usar os padróns para varias cores paso a paso premendo aquí.
Podedes ver vídeos dos procesos no seu Instagram e no seu Facebook.

Saúde!

2 comentarios:

  1. Como mola este hibrido de stencil e serigrafia non? xa me está dando unha idea para tunear uns retales enormes de lienzo que teño por aqui!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Dalle, dalle e tunea eses lenzos! Ánimo e forza Esperanza, unha aperta!
      (Se che apetece mandar algún traballo estou a reunilos para publicalos xuntos, xa sabes, manda a serigrafiaemao@gmail.com)

      Eliminar

¡Anímate a participar cos teus comentarios!