Falamos hoxe dun home apaixonado e cun carácter moi marcado, ao que mundo da gaita da comarca de Vigo lle debe moito, como interprete, docente e compositor. Tamén coñecido como o gaiteiro do Fragoso.
"Henrique Otero Covelo, o Gaiteiro do Fragoso, representa a transición definitiva do gaiteiro tradicional ao gaiteiro urbano, da pura tradición oral ao músico con formación académica. O primeiro profesor en impartir gaita galega con validez oficial dende os anos setenta no conservatorio de Vigo e o primeiro gaiteiro-mestre cun volume de obras compostas tan cuantioso, preto de 300, e que abarcan máis de medio século dende os anos sesenta ata o ano do seu pasamento en 2013. Obras que tratan todas as formas populares aplicadas á gaita coa preferencia de Muiñeiras, Xotas, Danzas e Foliadas, pero tamén con Pasodobres, Alboradas, Baladas ou Rumbas. Tamén con distintos formatos instrumentais como gaita solista, cuarteto tradicional, gaita e outros instrumentos, gaita e voz... Todas estas pezas foron encadernadas por el mesmo en catro tomos e rexistradas na SGAE sendo o seu patrimonio cultural e espiritual máis querido."
Xaime Estévez Vila, 2019
Foi unha das principais figuras no mundo da gaita da segunda metade do século XX. Pretendeu lograr unha síntese entre a aprendizaxe tradicional da gaita e os métodos clásicos. Foi membro fundador do grupo Os Cruceiros, de grande popularidade na Galicia dos anos sesenta. En 1971 converteuse no primeiro mestre de gaita no Conservatorio de Vigo, logrando que o Ministerio de Educación recoñecese o estudo oficial da gaita galega. Publicou un dos primeiros métodos para aprender gaita, Leccións de Gaita. Froito do seu maxisterio son Xan e Toniño López, Chuco Estévez, María Xosé López, Rosario Guerrero, Xaime Estévez, José Gil ou Carlos Núñez, entre outros; e foi o primeiro profesor de gaita do Conservatorio Reveriano Soutullo de Ponteareas.
Ten compostas máis de duascentas obras, nas que mestura a tradición coa busca de novas posibilidades para o instrumento. Grupos coma Muxicas, Treixadura e Noitarega teñen incluídas algunhas das súas pezas nos seus repertorios.

Nos anos 1981-1982 o mestre Henrique Otero reuniu o seu alumnado nunha agrupación de máis de vinte compoñentes, a banda de gaitas Raigames, que resultou ser, seguramente, unha das primeiras bandas de gaitas de Galicia na que coincidiu xente nova, que co andar do tempo consolidaría a súa presenza na música tradicional galega en grupos como Muxicas, Treixadura ou a propia banda de gaitas Xarabal, que nun primeiro momento contaba con varios compoñentes procedentes de Raigames, aínda que tamén profesores de gaita como Xaime Estévez, Charo Guerrero ou o propio Carlos Núñez pasaron polos ensaios desta agrupación.
Raigames en si mesmo é un fito na historiografía das bandas de gaita galegas, porque asumía dun xeito xenuíno a evolución da tradición galega cara a un grupo máis numeroso, con elementos organolóxicos netamente galegos e repertorio e arranxos propios pasados pola sabia man do mestre Henrique Otero, con arranxos paradigmáticos como a "Alborada da Lanzada" (arranxo editado posteriormente por Xarabal), a marcha de San Benito, e outras pezas con arranxos pensados ex-profeso para unha agrupación similar.

Déixovos aquí a ligazón ao programa da TVG, ALALÁ, adicado a Henrique Otero
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!