mércores, 8 de abril de 2020

A Gripe Española [BIBLIOTECA]


Despois destas semanas de corentena por mor da crise sanitaria provocada polo novo coronavirus COVID-19, pode ser interesante o visionado deste vídeo sobre a chamada gripe española, a que foi ata o de agora a maior pandemia da historia moderna. Creado como recurso didáctico para o portal BNEscolar, da Biblioteca Nacional de España. É un percorrido polas diferentes ondas desta enfermidade, a través da narración dos seus efectos, síntomas e medidas preventivas realizada por publicacións españolas da época. Podemos observar moitas diferenzas pero tamén algunhas similitudes.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!