
Dumas comezou a pintar en 1973 e mostrou as súas preocupacións políticas e reflexións sobre a súa identidade como muller branca de ascendencia africana en Sudáfrica.



Estudou arte na Universidade Ciudad do Cabo, entre 1972 a 1975, e logo en Ateliers '63 en Haarlem, posteriormente, psicoloxía, na Universidade de Ámsterdam durante os anos 1979 e 1980, preparación académica, que serviu para concretar a temática da súa obra.


Pinta persoas, ao longo dos anos, mesmo desde que nacen, reflectindo o ciclo da vida, onde manifesta as súas ideas sobre o social, sexual ou racial.


As súas pinturas conservan aparencias sen concluír, con trazos de debuxos lixeiros, case ocultos, talvez dramáticos, converténdoas en imagenes confusas dentro dun terreo ambiguo.


As súas pezas son trampas figurativas que provocan desasosego, que se manifesta en cada figura.


Debuxa con insistencia e ambigüidade rostros de nenos e adultos vivos…pero tamén mortos.


As súas obras son auténticos retratos da intimidade, que desposuían os personaxes da súa contorna pública, sempre con críticas de identidade ou políticas.


As pinturas de Dumas ven como retratos, pero non representan a persoas en se, senón a un estado emocional no que un podería estar.

Dumas usa unha técnica de húmido sobre húmido, que combina capas delgadas de pintura con capas grosas.


O debuxo é un aspecto moi importante da súa obra, a cor tende a quedar en segundo termo para dar paso a recursos como a liña ou a mancha, a miúdo diluída e cunha gran variedade de texturas.


Con estes recursos, altera a representación do corpo ou o rostro para comunicar un aspecto máis emocional e sutil, que anatómico ou descritivo.


Coa materia líquida que cobre o papel ou a tea, así como a pincelada ou a liña que actúan como trazo, deveñen elementos gráficos ao servizo dunha expresividade plástica próxima á abstracción.


O debuxo do corpo e o rostro humano na obra de Marlene Dumas non é un retrato da persoa que os inspirou, senón que se centra no suxeito, e noutros aspectos da súa contorna.


Non explica unha persoa concreta senón unha emoción, unha sensación, unha mirada profunda ou unha actitude.


Entre o que esconden e o que mostran os seus personaxes, pódense ler certas emocións universais.


Dos seus temas e debuxos despréndense cuestións humanas como a raza, o sexo, a identidade, a familia ou a morte, tratadas cunha delicadeza simple e evocadora.

Envorcouse na representación dun espectro universal das nosas emocións, entre elas figuran a paixón e o duelo, a inocencia e a culpa, a violencia ou a tenrura, e os asuntos do xénero e a raza resultan tamén indisociables da súa produción, na que como avanzabamos traslada á esfera do cotián cuestións sociais e políticas, históricas e culturais.

Si que son desasosegante a meirande parte.
ResponderEliminarSíntome identificada na súa expresividade de humidade
ResponderEliminar