No ano 1818 publicouse en Inglaterra a que ía ser considerada a primeira novela de ciencia fición, "Frankenstein ou o modeno Prometeo", da xoven autora Mary Shelley. Hai catro anos conmemoráronse, pois, os douscentos anos da publicación deste texto tan vixente hoxe en día, e no obradoiro de Debuxo comenzamos un proxecto para recordar esta data: ilustrar o Frankinstein orixinal de Shelley utilizando a técnica do gravado en linóleo.
O texto non é so unha novela de terror gótico; goza dunha enorme actualidade agora que falamos tanto de intelixencia artificial, e reflexiona sobre a idea concreta do ser creado que adquire conciencia de ser como ser intelixente. Cuestiona ademáis o concepto de alma e de espírito, en tanto en cuanto o ser creado intelixente no laboratorio carece de dito atributo místico. Vímolo en "2001: Unha odisea no espazo" con HAL 9000, unha das películas paradigmáticas da ciencia ficción. Por iso para min Frankenstein, non é so unha novela de terror é unha novela de ciencia ficción que sitúa ao home a altura dun deus creador, cos perigos que esto representa.
Fascíname ademáis o contexto no que foi escrito e a idade da autora.
A idea do texto xorde no verán de 1816 cando Shelley ten 19 anos. A xove escritora viaxara a Suiza coa súa parella Percey Shelley, o que logo sería o seu home, a visitar ao amigo e célebre poeta romántico da parella, Lord Byron. A xove daquela aínda asinaba co seu nome de solteira Mary Godwin.
A parella reuniuse con Byron en Vila Diodati, unha mansión que alugara situada á beira do lago Lemán, ao norte dos Alpes. Nese encontro tamén estaban John Polidori, médico persoal de Byron e Claire Clairmont, irmá de Mary coa que Byron tiña un romance.
O ano 1816 coñeceuse en Europa como o ano sen verán. A erupción do volcán indonesio Monte Tambora arroxou a atmosfera tal cantidade de cinza que provocou unha baixada da temperatura en todo o globo, nevando en sitios tan improbables como Guatemala, o que supuxo a ruina de moitas colleitas.
Aquel verán resultou frío e chuvioso co ceo permanentemente encapotado e gris. A climatoloxía non acompañou para poder disfrutar do lago, polo que aquel grupo de xoves burgueses e adiñeirados británicos pasou o seu tempo refuxiado na mansión lendo contos de fantasmas, disfrutando da compaña e a conversa e consumindo láudano alegremente mentres vían polas fiestras caer a chuvia.
O lugar e o clima semi apocalíptico de verán sen verán era propicio para ler e escribir relatos de terror, e iso fixeron. Byron tivo a brillante idea de retar aos seus amigos a escribir relatos terroríficos para divertírense. Desa proposta sairon dúas historias importantes da literatura gótica e romántica universal: "O Vampiro" de Polidori, co que crea o xénero do vampiro romántico do que posteriormente nacerá Drácula; e Frankenstein, de Mary Sheley co que dará comenzo a literatura de ciencia ficción.
A IDEA
Daquela estaba de moda o fenómeno do galvanismo, tema recorrente nas conversas daqueles amigos, explicou posteriormente Mary Shelley.
O doutor Luigi Galvani, xunta coa súa dona Lucía Galeacci, descubriran a finais do século XVIII que ao aplicar decargas eléctricas sobre unha ra morta, esta comezaba a mover as patas como se reanimara. O sobriño da parella Giovanni Aldini realizou demostracións públicas deste fenómeno mesmo utilizando cadáveres humanos, polo que Shelley era coñecedora da utilización da electricidade con fins médicos ou experimentais , polo que non parecía descabelado pensar en utilizar electricidade para reanimar mortos.
Shelley contou que a idea xurdiu nun soño froito das conversas destes fenómenos e que comezou a escribilo pensando nun relato curto, pero deseguida decatouse de que atopara material para algo de máis entidade. Coa axuda do seu home, tamén escritor e filósofo, rematou a que sería a súa primeira e gran novela.
PUBLICACIÓN
O libro publicouse case dous anos despois daquela reunión, en xaneiro de 1818, e foi enmarcado dentro da novela gótica. Nesta primeira edición recoñécese a Percey como coautor, que dulcifica en certo modo o texto orixinal de Shelley de 1817, moito máis cru. En 1831 Mary reescribiu a novela.
ROMÁNTICOS
As historias personais dos que coincidiran aquel verán tan creativo e apocalíptico en Vila Diodati non decepcionan ao espírito sublime do romanticismo. As súas vidas truncáronse cedo, tiveron vivencias dolorosas e deixaron pegada individual na historia.
Mary Shelley: Acadou notoriedade como escritora, pero sufriu ostracismo social en Inglaterra por ter relación cun home casado como era Percey. Unicamente sobreviviulle un fillo dos catro que tivo, todos os demais morreron de cativos. O seu home Percey morreu moi novo e ela finou con 53 anos de idade, despois de dez de enfermidades provocadas polo tumor cerebral que a levou ao cadaleito.
Percey Sheley: Morreu afogado con 29 anos cando practicaba vela en Italia. O corazón deste foi extraido antes da incineración e Mary gardouno envolto nun pano de seda. Conservouno toda a vida.
O único fillo de ambos, Percey Florence, seguiu conservando o corazón do seu pai ata a súa morte, co que foi enterrado.
John Polidori: Suicidouse con 25 anos tomando ácido prúsico. Non era un burgués adiñeirado e por iso sufría as burlas de Byron. A súa irmá María casou con Dante Gabriel Rossetti, o pai do movemento Prerrafaelista.
Lord Byron: En 1823 desinárono membro do comité de Londres para a independencia de Grecia. Alí viaxou a combater pero caeu doente. As sangrías practicadas polos médicos condeárono á morte. Morreu con 36 anos de sepsis, síndrome de resposta inflamatoria sistémica, provocada pola utilización de matrial ciirúrxico sen esterilizar. Quen sabe, se Polidori, do que tanto se burlara, estivera alí posiblemente o tivera salvado.
Claire Clairmont: Parella de Lord Byron e nai da filla deste, foi a máis lonxeva de todo o grupo. Viviu en Rusia, en Viena, Pisa, París, Dresde, e morreu con 80 anos de idade na cidade de Florencia. Non se dedicou á literatura, pero dun dos relatos de Shelley, "The Pole", crese que boa parte do texto escribiuno ela.
Este ano será o derradeiro que traballaremos con este texto. Con todas as ilustracións farase unha edición Frankenstein, un recorta e pega de varias edicións ilustrada por todo o alumnado de Debuxo deste período. Pero eso deixarémolo para o seguinte curso. Polo de agora o alumnado dos grupos Medio e Perfeccionamento I, terán que ler o texto. Espero que vos guste.
Estas ilustracións son un adianto do que será o proxecto final.
Será un traballo moi interesante
ResponderEliminarInteresante y uen trabajo.
ResponderEliminarMoi interesante, a lectura do libro, deliciosa, unha gran sorpresa para min, E o traballo duro, pola forza que se ncesita, pero coas/cos compañeires e profe , un bo equipo, facilitáronme a realización da miña idea, e o resultado de todos os traballos foi fascinante , e o que propós agora, outra boa idea, Gracias por compartir a túa creatividade
ResponderEliminarNo sabía donde estaba lo recupere, me gustan los cementerios, ya había empezado uno
ResponderEliminar