Hoxe o Faro de Vigo publica esta reseña sobre a exposición "Arte Confinada" que se inaugura este próximo venres, 22 de abril ás 19:00 horas. no Espazo EMAO.
Durante o confinamento domiciliario para evitar a perda de contacto co profesorado e a actividade escolar, púxéronse en marcha algunhas medidas de comunicación e relación non presencial, co uso dos medios ao noso alcance: iniciouse a publicación do Blog EMAO EN LIÑA, activáronse os grupos de mensaxería instantánea de cada especialidade, artelláronse titoriais e propostas didácticas para a continuidade, no posible, do curso escolar que irremediablemente quedaba truncado.
Neste contexto se producen distintas propostas docentes de realización de exercicios estructurados na casa, que serviron tanto para non perder o contacto, como para que a arte, a artesanía e a creatividade se convertisen nun acompañante fiel do noso alumnado naquelas insólitas horas de encerramento nas casas.
Dous anos despois, reunimos nesta exposición parte das creacións do noso alumnado durante o período de confinamento, entendido este tamén no senso amplo da resposta persoal e artística á pandemia por parte das persoas matriculadas na nosa Escola.
Título: Arte confinada
Cartaz: Federico Fernández, sobre unha escultura de Rosa García
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!