Co motivo da conferencia "A presenza invisible. Frascos de perfume art nouveau e art déco", que terá lugar esta tarde dentro da programación os Venres da EMAO, expoñemos na vitrina da entrada a hemeroteca algúns libros con referencias a estes movementos artísticos.
A Art Nouveau ou “arte nova” en francés, é unha corrente que xurdiu na última década do século XIX, e a súa influencia estendeuse ata final da primeira década do século XX. Foi coñecido con diferentes nomes. Jugendstil (Alemaña e países nórdicos), Sezession (Austria), Modern Style (Reino Unido), Nieuwe Kunst (Países Baixos), Liberty (Italia) e Modernismo (España). Valórase o artesanal aínda que sen renunciar aos avances industriais, aspira a democratizar a beleza e socializar
a arte. O Art Nouveau baséase no áxil, o fluído e no movemento que
achegan as curvas e a asimetría. As vidreiras de cores, columnas con
formas excéntricas, flores, cerámica, ondulaciones e asimetrías, eran elementos característicos deste movemento.
Algúns artistas destacados foron: René Lalique, Alphonse Mucha, Aubrey Bardsley, Gustav Klimt, Toulouse-Lautrec, Gaudí...
A Art Déco foi un movemento de deseño popular a partir de
1920 ata 1939 (cuxa influencia se estende ata a década de 1950 nalgúns
países) que influíu ás artes decorativas mundiais tales como
arquitectura, deseño interior e deseño gráfico e industrial; tamén ás
artes visuais tales como a moda, pintura, gravado, escultura e
cinematografía. Este movemento é, nun sentido, unha amálgama de moitos estilos e movementos diversos de principios do século XX e, a diferenza do art nouveau, inspírase nas Primeiras Vangardas. As influencias proveñen do constructivismo, cubismo, futurismo, do propio art nouveau, do que evoluciona, e tamén do estilo racionalista da escola Bauhaus.
Os progresivos descubrimentos arqueolóxicos no Antigo Exipto marcaron
así mesmo o seu sinal en certas liñas duras e a solidez das formas do
art déco, afín á monumentalidade e elementos de forte presenza nas súas composicións.
Destacan artistas como Jean Dupás, Raymond Hood, Tamara de Lempicka, Almada Negreiros, Louis Cartier, Madeleine Vionnet...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!