martes, 5 de abril de 2022

Curiosidades da moda [MODA]

Ás veces atopámonos en pezas de roupa elementos que non entendemos moi ben cal é a súa función, e de seguido pensamos que "é deseño". Pois hai certas partes das pezas que inicialmete tiveron una función práctica que co tempo caíu en desuso. Basta con navegar un pouco pola rede para esclarecer a función inicial de estos elementos.

O quinto peto dos pantalóns vaqueiros

 

 

Este peto pequeniño que todos pensamos que é para gardar as moedas que che sobran de comprar o pan, deseñouse xa no século XIX para que os cowboys e os buscadores de ouro de California gardasen os seus reloxos de peto. Xa na decada dos 50 do pasado século, cando o pantalón vaqueiro se convertiu na peza preferida do novo fenomeno social, os adolescentes, este peto resultaba ter o tamaño perfecto para gardar o chisqueiro tipo Zippo.


A trabilla nas costas das camisas

Coñecidas como Locker Loop en inglés, apareceu por primeira vez nas camisas dos uniformes dos mariñeiros da costa este de EE. UU. Debido ao espazo limitado dos barcos, os roupeiros tiñan un tamaño bastante reducido e o normal é que non houbese espazo para unha percha. A trabilla estaba pensada para colgar as camisas en ganchos e que se engurrasen o menos posible. Máis tarde converteuse nunha especie de linguaxe simbólica; cando un universitario levaba a trabilla cortada significaba que tenia noiva polo que “non estaba no mercado”



A Trabilla e o botón do ombreiro

Pezas como as gabardinas, ou as cazadoras de coiro tipo biker teñen un elemento decorativo no ombreiro que é moito mais funcional do que os usuarios destas pezas cren. Introduciuse por primeira vez nas chaquetas dos soldados da Primeira Guerra Mundial. A súa función era a de pasar por ela as correas das bolsas de munición ou bayonetas para evitar que se deslizasen do ombreiro. En 2018 a británica Francheska Horsburgh publicou na súa conta de Twitter este achado converténdose en trendding topic cunha fotografía dela levando o seu bolso agarrado con esta trabilla.



O pompón dos gorros de la

Poderiamos pensar que é outro elemento puramente estético pero a súa orixe foi moito máis funcional. Incorporouse aos gorros de la dos mariñeiros franceses no século XIX trás unha visita da Emperatriz Eugenia de Montijo a unha embarcación de guerra. Nun bandazo do barco un mariñeiro golpeou a cabeza e a emperatriz ofreceulle o seu pañuelo para limpar o sangue. Ante o sucedido e relatarlle que era moi común este tipo de golpes, a soberana ordenou que se propusera algunha medida para evitalos. Así que puxeron un pompón de cor vermello sobre os gorros facendo un guiño o sangue daquel mariñeiro lesionado.




O sentido de abrochar os botóns da camisa:

Porqué os home e as mulleres abrochamos diferente? É unha cuestión chea de teorías.

A min, persoalmente, gústame contar en clase a “lenda” de que antigamente homes e mulleres abrochaban para o mesmo lado, de esquerda a dereita xa que a maioría da poboación é destra. Deste xeito a man dereita é a que fai o traballo de facer pasar o ojal a través do botón que suxeita a man esquerda. Entón, na Idade Media, ao levar os cabaleiros a espada no lado esquerdo, coas súas traballadas empuñaduras, cada vez que desenvainaban a arma a empuñadura enganchábase co cruzamento da “ camisa” e desgarraban toda a peza. As mulleres fartas de ter que remendar as roupaxes dos seus esposos decidiron cambiar o sentido de abrochado, así non perder máis tempo remendado.

Outra teoría, consiste na crenza de que as camisas ou blusas eran pezas só para mulleres de alto berce e con gran poder adquisitivo ás que vestían as súas doncelas. Por facer máis cómoda a tarefa, situáronse os botóns da peza feminina no lado esquerdo. Pola súa banda, os homes, independentemente da clase social, adoitaban vestirse sós, polo que para eles resultaba máis sinxelo abrocharse a camisa se os botóns situábanse no lado oposto, á dereita.

Estas dúas teorías poden ser moi gráficas, pero resultan inverosimiles dende o momento en que a camisa na idade media non existia como a coñecemos hoxe. O máis parecido seria o xubón, prenda moito máis ortopedica que unha camisa.

Polo que finalmente quédome con esta última teoría: Comenzouse a abrochar diferente para diferenciar as pezas de home e de muller xa que cronoloxicamente coincide a utilización de camisas por parte da muller co comezo da loita pola igualdade de dereitos, pero estaba mal vista que as mulleres utilizasen directamente roupa de home.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!