luns, 12 de xuño de 2023

Proxectos [SERIGRAFÍA]

Deixamos aquí algunhas imaxes dos proxectos de serigrafía do curso pasado que estiveron expostos. Recordade que o prazo para a convocatoria deste curso para O Nivel Avanzado remata o 15 de xuño.

O proxecto de Natalia Moreno consistiu en traballar diferentes métodos de estampación artesanal explorando as súas múltiples posibilidades de aplicación trasladadas a diferentes obxectos e soportes para espazos habitables. Aquí amosamos algúns exemplos de lámparas:


 

 

 

No proxecto de Ádrian Abilleira Lorenzo titulado Parellas dun mundo imaxinario traballou en serigrafías realizadas coa temática de seres fantásticos relacionándose entre sí en actitude relaxada. Nesta serie búscase a mestura da técnica da cuatricromía e o achegamento visual ao gravado clásico de tramas.

 






María Jesús Sierra Insua e Eva L. Rodríguez Estévez no proxecto Tocado e afundido exploraron o uso da estampación serigráfica sobre diferentes soportes para a creación de tocados


 

Solimar Candallo no proxecto Sakura realizou o deseño e elaboración de estampado téxtil serigráfico coa técnica lionesa a tres tintas para a realización dunha mochila convertible en bolso hobo. O motivo elexido para o estampado son as cerdeiras en flor ou Sakura para o que se tomou como inspiración unha festividade que se realiza en Xapón coñecida como o Hanami.

 





Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!