Dentro da programación prevista no Plan de Estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios (PEMAO15), faise a seguinte Convocatoria de Cursos Monográficos – Escola de Verán EMAO, a realizar entre os días 4 e 21 de xullo de 2023, dirixidos ás persoas interesadas que cumpran os requisitos indicados en cada un dos cursos.
O prazo para solicitar a inscrición será desde as 00:00h do 19 de xuño, ata as 24,00h do 22 de xuño de 2023. Non serán válidas as solicitudes presentadas con anterioridade e posterioridade a estas datas.
[Véxanse as condicións para a inscrición ao remate desta entrada]
CURSOS QUE SE CONVOCAN:
GRAVADO
EN RELEVO, RETRATOS E OUTRAS COUSAS
Impartido por Federico Fernández e Rosa García, mestres das especialidades de DEBUXO ARTÍSTICO e TALLA E ESCULTURA EN MADEIRA, da EMAO.
Destinatarios/as: alumnado xeral, de idades comprendidas entre os 12 e os 16 anos
Datas: do 11 ao 21 de xullo, de 10:00 a 14:00 horas
Duración: 36 horas
Obxectivo: Realización dunha tiraxe de gravados realizados na técnica do gravado en relevo, a partir da preparación previa de debuxos de autorretrato, co fin de facer unha instalación no espazo da contorna da Casa da Xuventude (onde se realizará o curso), co resultado deses gravados.
Programa:
- O rostro humano; o canon Autoretrato na historia. Breve introdución
- A importancia do bosquexo no debuxo
- Elementos do rostro
- O rostro a través dun espello
- O gravado en relevo. Breve introdución
- Entintado e estampación nunha tinta
- Importancia do continente e do contido
- Elaboración dunha tirada
- O espazo urbano como contedor da obra
Material a aportar polo alumnado: linóleo, papeis de gravado, libreta de apuntes/debuxo, lapis, regra de corte metálica, cutter, papeis de recubrimento, edición do texto (custo estimado material a mercar polo alumnado: 25 €)
Alumnado máximo: 12
PiMPRESIÓN
Impartido por Alba Pardo e Sandra de Jesús, mestres das especialidades de SERIGRAFÍA ARTÍSTICA e OURIVARÍA, da EMAO
Destinatarios/as: calquera persoa, sen necesidade de que teña coñecementos previos de ningunha das materias.
Datas: do 4 ao 14 de xullo, de 10:00 a 14:00 horas
Duración: 36 horas
Obxectivo: este monográfico de Pin-impresión baséase no gravado calcográfico; consta da realización de tres minipranchas de latón gravadas coa técnica da augaforte coas que se realizarán as impresións en papel e que posteriormente converteremos en broches de pin.
Programa:
Obxectivos:
- Deseñar un conxunto harmonioso de imaxes dispostas en tres pranchas de latón para a súa posterior impresión e transformación en pin.
- Aprender a aplicar as técnicas básicas da Ourivaría para o traballo en meta.
- Aprender e aplicar as técnicas básicas do gravado calcográfico para o traballo de estampación.
- Rematar o curso coa realización dunha impresión en papel empregando as pranchas de metal gravadas en, cando menos, un broche de pin rematado
Contidos:
- Desenvolvemento do deseño para os distintos elementos que forman as pezas finais.Adecuación do deseño á temática e precedementos propostos para lograr a funcionalidade e resultado que se pretende.
- Aplicación das técnicas de gravado e ourivaría para a preparación das matrices (corte do metal, esmerilado, augaforte ...)
- Preceso de estampación das pranchas en papel (preparación do papel e da tinta, entintado da prancha, presión do tórculo, numeración e edición de estampas ...)
- Montaxe final do broche coas pranchas
Material a aportar polo alumnado:
Os materiais que empregará o alumnado terá un custo por persoa de 20 ou 25 euros; algúns deles mercaranse en conxunto. O primeiro día do curso indicarase o que precisan.
Os materiais que empregará o alumnado terá un custo por persoa de 20 ou 25 euros; algúns deles mercaranse en conxunto. O primeiro día do curso indicarase o que precisan.
Alumnado máximo: 12
PATRÓNS
Impartido por Emma Pintos e Darío A. Basso mestres das especialidades de MODA E CONFECCIÓN e PINTURA, da EMAO
Destinatarios/as: calquera persoa, sen necesidade de que teña coñecementos previos de ningunha das materias.
Datas: do 4 ao 14 de xullo, de 09:00 a 13:00 horas
Duración: 36 horas
Obxectivos: neste curso trátase de que o alumnado con inquedanzas artísticas e artesáns poida experimentar coa pintura e levar a súa proposta nunha peza de roupa feita por eles mesmos.
Programa:
Obxectivo: Plasmar un patrón pictórico en tea, para traballar despois con patróns sinxelos nunha peza de roupa.
Contidos:
- Clases teóricas sobre os patróns pictóricos ao longo do século XX e a súa influencia e fusión coa moda.
- Creación en papel dos patróns que se reproducirán posteriormente en tea, que servirá como material téxtil da realización do produto final.
- Clases básica de patronaxe para a capacitación do alumnado no corte das pezas de roupa onde integrar o seu estampado.
- Posteriormente, confección da peza; ao remate do curso o alumnado poderá levarse unha peza de roupa feita e estampada por eles mesmos.
Block de debuxo A3; lapis HB; alfinetes; agullas; tesoiras; dedal; cinta métrica; tea (as características daranse o primeiro día de clase).
Alumnado máximo: 10
OBRADOIRO DE CONTRUCIÓN DE PERCUSIÓNS MIÚDAS
Impartido por Xaime Rivas, mestre de CONSTRUCIÓN ARTESANAL DE INSTRUMENTOS MUSICAIS -CAIM- Zanfona, da EMAO.
Destinatarios/as: calquera persoa, sen necesidade de que teña coñecementos previos da materia, que queira iniciarse na artesanía musical.
Datas: do 6 ao 21 de xullo, de 10 a 13 horas.
Duración: 36 horas
Obxectivo: construción de instrumentos musicais de percusión con material semielaborado (Tarrañolas, Culleres, Pitos de bailador, Acordeón de táboas, Carraca ...)
Programa:
Obxectivos:
Obxectivos:
- Fabricar artesanalmente sinxelos instrumentos de percusión mediante as técnicas propias e básicas da artesanía e a carpintería.
- Coñecemento básico das técnicas de interpretación de cada un dos instrumentos
Contidos:
Construción dun par de Tarrañolas:
Preparación do material
Recorte e deseño segundo plantilla con segueta de marquetería
Axuste do perfil con ferramenta manual
Acabados e decoración segundo proposta do alumno/a
Construción dun par de Culleres:
Preparación do material
Recorte segundo plantilla en serra de cinta.
Tallado do cazo.
Acabado e decoración segundo proposta do alumno/a
Construción de dous pares de Pitos de bailador: Preparación do material
Torneado do deseño
Acabado
Construción dun Acordeón de táboas:
Recorte das táboas segundo deseño
Perfiado e redondeado de arestas
Montaxe e acabado
Construción dunha Carraca:
Recorte e perfiado dos laterais que conformarán o bastidor
Torneado do tambor e do mango
Montaxe do bastidor
Acabado e decorado segundo proposta do alumno/a
Colocación de lengüeta
Material a aportar polo alumnado:
Madeiras varias para cada un dos obxectos propostos; arandelas pequenas; corda; coiro; parafusos; verniz.
Alumnado máximo: 8
CONSTRUCIÓN
E MANIPULACIÓN DA PALLETA E O PALLÓN DE CANA
Impartido por Carlos Corral, mestre de CONSTRUCIÓN ARTESANAL DE INSTRUMENTOS MUSICAIS -CAIM- Gaita, da EMAO.
Destinatarios/as: gaiteiros/as e persoas afeccionadas á gaita, que non fixeran o curso ordinario.
Datas: do 4 ao 14 de xullo, de 10 a 14 horas
Duración: 36 horas
Obxectivo: achegar ao alumnado á construción da palleta e o pallón da gaita e ás nocións básicas para a súa manipulación, que todo gaiteiro debería coñecer para conseguir sacar o máximo partido ao seu instrumento.
Programa:
Obxectivos: Coñecer o proceso construtivo para poder adaptar o instrumento ao noso xeito de tocar persoal, e mesmo construír as nosas propias palletas
Contidos:
Contidos:
Útiles e ferramentas
Elección e preparación da cana
Medidas e estrutura segundo a tonalidade
O tudel, atado, desbaste e afinación
Material a aportar polo alumnado:Navalla e calibre (pe de rei); 6 pregos de lixa de auga de gran 280 e 3 pregos de lixa de auga de gran 400; unha barra de lacre
Alumnado máximo: 8
Destinatarios/as: alumnado sen coñecementos previos de artesanía en coiro
Datas: do 4 ao 14 de xullo, de 10:00 a 14:00 horas
Duración: 36 horas.
Obxectivo: aproximación á marroquinería mediante a construción de dúas pezas, un neceser e un bolso tipo Tote; aprendizaxe sinxelo de técnicas de costura e montaxe.
Programa:
Obxectivos:
Coñecer o coiro e a pel no proceso do curtido.
Realizar a partir de patróns dados pezas de marroquinería.
Aplicar para construción técnicas de costura con fío e tireta
Contidos:
Pel e coiro
Proceso do curtido
Aproximación ao patronaxe
Introdución ás técnicas decorativas
Costuras estruturais con fío
Material a aportar polo alumnado:
Serraxe e coiro, fornitura (piquetes e broches) e cremalleira (25-50 € por alumno/a). Posibilidade de compra grupal para abaratar e axilizar o curso.
Alumnado máximo: 12
CONDICIÓNS COMÚNS A TÓDOLOS CURSOS
Datas: entre o 4 e o 21 de xullo de 2023. Horario de maña (consúltense datas e horarios específicos)
Lugar: Aulas e talleres da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO), agás o curso “Gravado en relevo, retratos e outras cousas”, que se desenvolverá na Casa da Xuventude do Concello de Vigo (r/ López Mora 31).
Prazas limitadas: ver número máximo de alumnos/as na convocatoria específica
Inscrición: Gratuíta. Mediante envío de correo electrónico, no prazo indicado a continuación, a emao@vigo.org, cos seguintes datos (imprescindibles):
- Asunto: [nome do curso]
- Nome e apelidos do/a solicitante:
- DNI:
- Enderezo de correo electrónico no que desexan recibir a confirmación de admisión, se é o caso.
- Non poderán inscribirse as persoas matriculadas na EMAO no curso 2022-2023
- Só se admiten persoas maiores de 16 anos (agás curso “Gravado en relevo, retratos e outras cousas”, destinado a alumnado de entre 12 e 16 anos)
- Só serán válidas as solicitudes que cumpran estrictamente as condicións indicadas nesta convocatoria para cada curso en concreto.
- A inscrición farase por estrita orde de recepción do correo electrónico de solicitude, ata cubrir o máximo de prazas ofertadas.
- O prazo para solicitar a inscrición será desde as 00:00h do 19 de xuño, ata as 24,00h do 22 de xuño de 2023. Non serán válidas as solicitudes presentadas con anterioridade e posterioridade a estas datas.
- A confirmación da matrícula realizaraa a EMAO exclusivamente por correo electrónico. No caso de producírense vacantes no primeiro día do curso, convocarase á lista de reserva.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!