É un proxecto de Teófila Ruiz Kulianos para Do Paraná e esta é a 2ª edición. Un concurso que premiará ao orixinal seleccionado, coa edición de obra en papel A3 de calidade, a 3 tintas e ao proxecto de colaboración autoral-editorial, cunha estadía de dúas semanas (50 hs.) no taller, que inclue a asistencia técnica, estampa e materiais.
“Sapientia: ningún poder, un pouco de prudente saber
e o máximo posible de sabor” (Roland Barthes)
Crease co propósito de valorar e expandir a técnica serigráfica como medio de creación, experimentación e edición. Aspira a difundir orixinais múltiples e procesos creativos.
Promove relaciones dialóxicas entre autor*s e editora, dando cabida ás tendencias contemporáneas da imaxe impresa, donde as cualidades expresivas do estampado, poden ser momento ou elemento dun percorrido artístico pluridisciplinar e máis polimorfo. Pretende desacralizar o feito artístico pluralizando o acceso ás técnicas e a democratización dos saberes, partillando co público os procesos de produción.
Poderán optar ao premio *s interesad*s no ámbito da edición de arte, libro de artista, poesía, ilustración, deseño gráfico e de produto, artesanía, téxtil de autor*, instalación… que presenten orixinais editables a través da técnica serigráfica.
Poderase participar en calquera das dúas categorías (Saber & Sabor) ou nambas. O premio otorgarase a 1 participante por categoría.
O prazo de admisión de orixinaia e proxectos será o luns 4 de setembro de 2023.
Podedes ver as fotos e vídeo da 1ª edición 2015 (10 años do taller) aquí
Bases de participación: Español | Galego
PREMIO SABER
Edición en papel de calidade, a 3 tintas. A edición, que estará a cargo de DP, promotora do evento, será de 50 exemplares e 5 P/A, numeradas e asinadas pola/el gañadora/or en acto público. 45 exemplares entregaranse á autor/a. Os dez restantes destinaranse: 2 ao Taller Do Paraná, con destino aos fondos da súa colección, 1 para cada membro do xurado, 1 para Manifestempe, Federación Nacional da Estampa de Francia e os restantes para sortear entre *s asistentes á entrega de premios.
PREMIO SABOR
Premiarse ao proxecto orixinal que inclua á serigrafía tradicional ou experimental como parte sustancial.
Formato: libre. A forma artística, de unha (rapport) ou varias pezas finais. Os soportes a estampar (provistos pol* autor-autora) deben ser planos. Poden ser teas, feltro, piel, cerámica, lenzos, madeira, metacrilato, goma eva, pvc, ademáis de fotos, revistas…
Valorarase a súa conceptualización: libro de artista, collage, instalación, documentación en vídeo…
A-o participante seleccionado/a poderá asistir ao taller unhas 2 semanas (50 h, horarios a convir) para experimentar, aprender co-producir. Dispondrá de todos os materiaiss do taller (tintas, aditivos, emulsión, pantallas, etc.) da maquinaria (insoladora, máquina plana con bomba de vacío, mesa de 3,40 metros, pulpo 6 tintas) e de asistencia técnica para estampar.
COMO PARTICIPAR
Consultando as Bases de Participación. Enviando toda a documentación do Dossier.
Se oo desexan, compartindo evento en redes sociais. Clicando ‘gostame’ en Facebook e Instagram
Os orixinaiss deberán reunir certas condicións técnicas que están detalladas nas Bases de Participación.
DOSSIER Toda a documentación enviarase a info@doparana.com indicando en asunto “Premio DO PRUDENTE SABER & O MÁXIMO POSIBLE DE SABOR”, Categoría elixida e nome e apelido, con data límite, o 4 de setembro ás 24.00 h.
DOCUMENTACIÓN A APORTAR (descargar e cumplimentar os siguientes formularios)
- Ficha de inscripción
- Autorización de imaxes
- Ficha de obra por cada unha das obras postuladas, sen limitación no número de orixinais por autor-a.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!