Familia Peinador. 1931 |
Enrique Peinador Lines será o protagonista mañá xoves 29 ás 19:00 horas, do ciclo de conferencias “Balneario de Mondariz. A historia e os seus personaxes” que se está desenvolvendo de maio a decembro, fóra de xullo e agosto, na Biblioteca da Escola de Artes e Oficios de Vigo con motivo da celebración do 150 aniversario do Balneario. Un ciclo aberto a todo o público sen necesidade de invitación.
Peinador Lines con Castelao e a Agrupación A Roda |
Aínda que Enrique Peinador Lines xestionaba moitas liñas de negocio, destacan as inquietudes culturais, xa que colaborou na revistas Mondariz e A Tempada de Mondariz e en 1912 participou como coautor na guía Mondariz-Vigo-Santiago de 167 páxinas, impresa en Madrid por Rivadeneyra, para fomentar o turismo en Galicia e na que participaron tamén investigadores da talla de Alfredo Vincenti, Emilia Pardo Bazán, Celso García de la Riega ou Rafael Balsa de la Vega, ademais promoveu dá Asociación para o Fomento do Turismo de Galicia. E non perdeu oportunidade para atraer ao Balneario de Mondariz a figuras da cultura da talla de Emilia Pardo Bazán, Castelao, Ramón Cabanillas entre outras moi importantes da época a nivel galego e nacional.
Enrique Peinador Lines era un galeguista militante e convencido, baixo a súa dirección do Balneario de Mondariz celebráronse reunións de a Real Academia Galega.
Reunión da Real Academia Galega en Mondariz |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!