A Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo vén de facer pública a
Convocatoria de acceso ao Nivel Avanzado para o curso 2022-23 nas
especialidades de Serigrafía artística, Moda e
confección, Pintura, Debuxo artístico, Artesanía en Coiro, Talla e
escultura en madeira, Ourivería e
Construción artesanal de Instrumentos Musicais (CAIM Gaita e CAIM
Zanfona).
O Nivel Avanzado consiste no desenvolvemento dun Proxecto de Fin de Estudos previamente presentado e seleccionado conforme ás normas e aos criterios que se explicitan nas Bases. Este nivel ten carácter presencial, en sesións semanais de dúas horas/catro horas de duración durante o curso académico.
A asistencia será obrigatoria para os /as seleccionados/as, cun máximo de faltas de asistencia xustificadas do 25% do total do crédito horario. Ao remate do curso académico, unha vez avaliado e cualificado como Apto/non apto o proxecto desenvolvido, conforme ao Plan de Estudos da EMAO 2015 (PEMAO2015), certificaranse 70/100 horas correspondentes á superación do nivel AVANZADO.
Para acceder a este nivel o/a interesado/a deberá presentar, nos prazos que se indican na presente convocatoria, un proxecto persoal directamente relacionado coa especialidade cursada. Esta proposta será informada inicialmente polo/a mestre/a titular da mesma tendo en conta as especificidades recollidas no apartado correspondente desta convocatoria.
Este proxecto poderá orientarse nalgunha das catro liñas seguintes:
Este proxecto poderá orientarse nalgunha das catro liñas seguintes:
- Investigación
- Produción
- Creación
- Ampliación de coñecementos.
Unha comisión formada pola xefatura do Servizo municipal de Educación (ou técnico/a en quen delegue), xefe de estudos, o/a profesor/a da especialidade e un profesor/a elixido por cada un dos departamentos, seleccionará, de xeito libre e motivado -previo o informe escrito do profesor/a da especialidade-, aqueles proxectos que considere de interese.
A EMAO publicará, no Taboleiro e na web, o listado do alumnado seleccionado para o Nivel Avanzado, facendo constar as iniciais do nome e apelidos do/ alumno/a, especialidade e denominación do proxecto.
Prazos
Prazos
- 8 de maio ao 15 de xuño de 2023, presentación de proxectos por parte do alumnado.
- 16 ao 23 de xuño de 2023, informe dos proxectos por parte do profesorado e presentación da ficha docente normalizada de cada proxecto seleccionado á Comisión citada.
- 26 ao 29 de xuño de 2023: estudo e selección de proxectos pola Comisión de valoración
- 30 de xuño de 2023: exposición pública (taboleiro e internet) do listado de alumnado e proxectos seleccionados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!