martes, 2 de maio de 2023

Venres da EMAO 5-5-2023. Presentación do Museo Casa da Gaita [CAIM GAITA]

 

Presentación do museo CASA DA GAITA por parte de membros da AGG (Asociación Galega de Gaiteiros). Situada en Viascón, concello de Cotobade, a Casa da Gaita é o primeiro museo galego adicado á gaita de fol. Este museo, xestionado pola Asociación de Gaiteiros Galegos, ten un gran valor histórico e cultural para a música tradicional galega. 

Acolle unha exposición de instrumentos musicais cedidos por Olimpio Xiráldez, Pablo Díaz, Ricardo Vieites “Caxide”, Emilio Lois e Pablo Carpintero. Esta colección de instrumentos vai acompañada de numerosos paneis didácticos, a través dos que tentaremos explicarche cal foi a historia da gaita de fol, como se aprendía a tocar, cales eran e son as súas tipoloxías e como funciona este antiquísimo instrumento musical.

A Casa da Gaita conta ademáis cun espazo adicado a un dos máis senlleiros gaiteiros da provincia de Pontevedra, o mestre Ricardo Portela Bouzas, o gaiteiro de Viascón, presidente fundador da Asociación de Gaiteiros Galegos e, sen dúbida, un dos mellores gaiteiros de Galicia.


Presenta: Carlos Corral. Mestre de CAIM Gaita
Data: 5 de maio de 2023
Hora: 19:00
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Entrada libre ata completar aforo

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!