Alá polo ano 2011, apareceu como quen non quere a cousa unha xente nova que viña renovar con aire fresco o panorama artístico/gráfico vigués. Chegaron ao Halcón Milenario, aquel espazo que tantas alegrías e tristezas nos deu e que tanto botamos de menos, para expoñer un fanzine moi tolo e divertido, cunha estética moi bizarra que encaixaba perfectamente na nosa maneira particular de entender o arte e a vida. O fanzine chamábase Firecream e entre aquela rapazada de artistas atopábase Andrés Magán xunto con Roberta Vázquez, Santy Zubizarreta, Begoña García-Alén, Santiago Paredes... e máis.
Debuxo na parede para a expo Firecream |
Agora, pasados máis de dez anos, os que formaran parte deste, chamemos colectivo, están desenvolvendo a súa vida profesional vinculada a BD e a ilustración. Roberta Vázquez vive en Barcelona, publica en revistas de prestixio nacional como El País Semanal ou Marie Claire. No 2019 a editorial Apa-Apa sacou o seu primeiro cómic ¡Socorro!.
Roberta Váquez na súa línea |
Santy Zubizarreta é un espíritu libre, vive en Portugal e leva anos traballando en BD, autoeditando historietas cun estilo moi propio e recoñecible, e expoñendo os seus debuxos fora do circuito galerístico. Paralelamente desenvolve unha carreira musical ruidista ca orella posta en Sonic Youth. . Begoña García-Alén é unha traballadora incansable que autedita e colabora en proxectos como Noche Liquida xunto con Andrés Magán. Ten varios libros BD publicados ca editora Apa Apa, como Nuevas Estructuras. No 2020 recibe o XV Premio Castelao de BD co seu libro Adeus Amigos, editado posteriormente en castelán por Apa Apa.
Santiago Paredes, outro debuxante daquela xeración Firecream, é o responsable de moitos cartaces vinculados ao mundo do Rock en Galicia, como os do Festival Surfin de Lérez. O seu traballo en BD vincúlase tamén co medio musical, traballos como Furious Monkey House, que con licencia da productora Esmerarte, editou con Libros Cúpula.
Faltan tantos outros e outras artistas que comenzaron parte desta andadura no Fanzine Firecream. Cada un deles podería ser invitado para un Venres na Emao, porque teñen unha carreira artística ben complicada nestes momentos que vivimos, pero penso que cunha calidade incuestionable, tanto nos guións como nos debuxos, mantendo sempre ese espiritu bizarro e costumbrista que os caracteriza, como no caso de Andrés Magán, o autor que nos ocupa hoxe e que nos visitará o próximo venres 12.
ANDRÉS MAGÁN
Nace en Vigo no ano 1989. Cursa Belas Artes e compaxina a ilustración ca música para centrarse posteriormente na pintura, a serigrafía e a BD, traballando para selos como Fosfatina, Ediciones Valientes, Zángano Comix ou Apa Apa Cómics. Con Begoña García Alén funda no 2019 o selo Noche Líquida. Desde o ano 2017, publica as historietas de Popicci para lectores infantís na revista O Papagaio (Edicions Moito Conto).
Nace en Vigo no ano 1989. Cursa Belas Artes e compaxina a ilustración ca música para centrarse posteriormente na pintura, a serigrafía e a BD, traballando para selos como Fosfatina, Ediciones Valientes, Zángano Comix ou Apa Apa Cómics. Con Begoña García Alén funda no 2019 o selo Noche Líquida. Desde o ano 2017, publica as historietas de Popicci para lectores infantís na revista O Papagaio (Edicions Moito Conto).
Os seus primeiros traballos atopámolos como xa vimos antes no fanzine Firecream, xunto a García-Alén e Santi Zubizarreta, e da que publican 8 números entre 2010 y 2014.
En Fosfatina Ediciones, publica Infraluminosa/Laminada (2014) xunto a Berto Fojo, Griza Zono (2014) e Los dos amigos (2016) en solitario, e participa nas obras colectivas Mandingo (2015) e Hoodoo Voodoo (2016).
No 2015, Linterna Mágica publica a súa adaptación dos contos de Mark Twain, "Cuento del niño bueno/Cuento del niño malo".
Con Ediciones Valientes publica Optimización del Proceso (2015), ademais de colaborar en tres números da revista Kovra. Outra antoloxía independente na que participa en varios números é ¡Qué Suerte! , o fanzine máis lonxevo de España, de Olaf Ladouse.
O seu primeiro traballo longo publicao a editora Apa Apa en 2017, "Fragmentos Seleccionados".
Para Kuš! (Letonia) e Colorama (Berlín) entrega no 2017 e 2018, A Friend y Is your journey really necessary?, respectivamente.
Para Kuš! (Letonia) e Colorama (Berlín) entrega no 2017 e 2018, A Friend y Is your journey really necessary?, respectivamente.
En Noche Líquida publica "ST" (2018), "Un sombrero, una ventana, una silla, un círculo" (2019) con Begoña García-Alén, xunto con outros fanzines autoeditados.
En 2021, participa no primeiro número da antoloxía do cómic en catalá, Forn de Calç.
A editorial holandesa Terry Bleu compila unha serie de debuxos realizados entre 2018 e 2021 no libro DRAWINGS.
A editorial holandesa Terry Bleu compila unha serie de debuxos realizados entre 2018 e 2021 no libro DRAWINGS.
Obra publicada en Terry Bleu |
Magán gaña o Premio Castelao de cómic infantil con "Las Aventuras de Passer P. Malta en 2020".
Con Apa Apa Cómics ultima un novo traballo titulado "El Buen Ciudadano" que sairá no 2023.
Con Apa Apa Cómics ultima un novo traballo titulado "El Buen Ciudadano" que sairá no 2023.
De todo isto e de moito máis falaranos Andrés Magán este venres 12, no formato Venres da Emao, na nosa fantástica hemeroteca. Non volo perdades. Vémonos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!