O venres rematou a exposición "Arte confinada"con algunhas das pezas que realizou o alumnado da diferentes especialidades da escola durante o confinamento. Unha das propostas da especialidade de Serigrafía Artística para realizar dende a casa consistíu na realización da técnica da cianotipia utilizada baixo a temática común “dende a ventá”. De ahí xurdiron diferentes interpretacións do tema: o que vemos dende a ventá da nosa casa, as ventás imaxinadas …
A cianotipia é un procedemento fotográfico monocromo que no seu proceso fotosensible utiliza citrato de amonio e ferro (III) e ferricianuro de potasio. Esta solución fotosensible aplícase sobre superficie porosa e ao expoñerse á luz reacciona producindo imaxes de gran variedade tonal.
Participaron nesta exposición Carmen Álvarez, Laura Currais, Julio del Río, Laura Duque, Sandra Eiriz, Evelyn Fernández, Claudia Rodríguez, Raquel Seijo, Jesús Viriato, Carlos San Claudio, Peri-Helio, Adrian Abilleira, Ruben Lujilde, Miguel Núñez, Eva Lucía Rodríguez e María Jesús Insua.
Se queres saber algo máis da técnica da cianotipia podes consultar premendo aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!