martes, 10 de maio de 2022

Verme de Fernández & González [BIBLIOTECA]

Hoxe felicitamos ao noso mestre de debuxo, Federico Fernández,  pola publicación de Verme, un libro interactivo en formato acordeón que ao despregalo transfórmase nun gran mural de dobre cara. Verme preséntanos un novidoso dispositivo mecánico dirixido por uns divertidos operarios, co que é posible viaxar ao centro da Terra. 

A idea orixinal  e os debuxos son de Federico e  a cor de Germán González. Un libro  axeitado para estimular a agudeza visual e a creación de historias. Ao carecer de texto escrito, estimula a aprendizaxe lingüística porque as nenas e os nenos que observan son quen poñen as palabras para crear estas historias.

Como xa acontecera con “Balea”, o lector goza esculcando a través do cento de xanelas que se abren sobre o casco deste novo sistema de transporte cara ao fondo da terra. Ambos os libros evocan as viñetas de Francisco Ibáñez en “13, Rue del Percebe”, así como as propostas lúdicas do alemán Ali Mitgusch cos seus “álbums de imaxes ocultas” ou as multitudes de Martin Handford en “Onde está Wally?”, tamén ten referencias a Julio Verne, a novela Frankenstein, a película Grease... Só hai que atopalas.


2 comentarios:

  1. Moitas grazas por reparar neste libro que tanto costou sacar por mor de moitas circunstancias que foron acontecendo. Por fin o temos xa nas librerías para que o disfrutedes.
    Grazas MJ

    ResponderEliminar
  2. Felicitaciones por Verme!

    ResponderEliminar

¡Anímate a participar cos teus comentarios!