luns, 16 de maio de 2022

A Seda. Historia, cultivo e obtención do fío [MODA] [VENRES DA EMAO]

Este venres pasado dentro do marco dos Venres na Emao, tivemos o pracer de contar con María Xosé Martinez Pérez, artesá textil. 

María Xosé adícase a recuperación e divulgación da cultura popular galega dende o ano 1981 . Posúe as cartas de artesá de “Tecelá “ e “Confección de traxes tradicionais” dende o ano 2002 e foi coordinadora do programa ” Enredando, Artesanía na Escola” en colaboración ca Fundación Pública Artesanía de Galicía da Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, e con AGAT ( Asociación Galega de Artesáns Tradicionais). Ademáis dirixe dende hai corenta anos grupos de baile e canto tradicional , “Agrupación Folclorica Xalgarete” “ Grupo de pandereteiras Soalla” e “C.C.D.R Helios de Bembrive”, e traballa no departamento didáctico do Museo de Arte Contemporanea de Vigo (MARCO).

Nesta xornada Mª Xosé falounos da sericultura, dos vermes da seda e do seu ciclo vital.

Cuns pequenos apuntes historicos introduciunos na importancia que tivo a seda en Galicia, como unha das fibras máis importantes xunto coa lá e o liño no noso territorio. Descubriunos que nas zonas de Ribadavia, Celanova ou Monforte existía unha forte tradición de cria de vermes e extracción da fibra que foi perdéndose pero que quedou na toponimia.


Unha vez contextualizados pasamos a coñecer esos vermes que en realidade son orugas e que máis que en volvoreta convértense en avelaíña. Os tipos de vermes, o tipo de casulos, as lounxitudes que pode acadar a fibra... Todo acompañado de numeroso material que puidemos ver e tocar. Xa como colofón da charla asistimos o devandado dos casulos de seda quedandonos abraidos da fineza e suavidade do filamento.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!