A XXI Mostra do Encaixe de Camariñas deste ano celebrouse do 13 ao 17 de Abril,
este ano contou coa participación no seu desfile das pezas realizadas por Ana Freiría, alumna de Ourivaría do Nivel Avanzado.
Detalle Colar - Ana Freiría |
Ana realizou estas pezas con chapa de latas recicladas de residuos da hostalería e prancha de cobre reciclada do sector naval, fío de latón e os encaixes tecidos a mán aos que lle deu unha pátina de oxidación propia do cobre, quedando tinguidos de unha bonita cor azul verdosa.
As distintas pranchas foron transformadas en flores e follas coas que xunto co encaixe formou estes voluminosos belos conxuntos tan orgánicos e vistosos.
Colar de metais reciclados e encaixe - Ana Freiría |
A posta en escea é moi vistosa e espectacular,
facendo un bo tándem cos traxes deseñados por Esteban Freiría,
marabilloso non si?!
Pendente encaixe oxidado - Ana Freiría |
Coroa de flores - Ana Freiría |
Colar de metais reciclados e encaixe - Ana Freiría |
Espero que vos guste o fermoso traballo de Ana, sempre feito con orixinalidade e bo facer e rematado con un excelente acabado, a seguir déixovos os links para o seu facebook e instagram por si queredes coñecer mais traballos dela.
Un saúdo e grazas pola visita ;DD
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!