venres, 6 de maio de 2022

Patronaxe de Teresa Gileswska [MODA E CONFECCIÓN]

A nosa biblioteca dispón de numerosos libros na sección de moda e confección e moitos deles sobre patronaxe, Hoxe quero compartir convosco os dous libros dunha autora cunha longa traxectoria profesional, Teresa Gilewska.

Teresa Gilewska ensinou deseño de moda desde hai máis de trinta anos en Francia, Polonia e China. En 1989 creou o seu propio estudo en París, que dirixiu ata o ano 2000. Desde entón dedícase exclusivamente ao ensino e transmite con entusiasmo os coñecementos indispensables para exercer o oficio do prêt-à-porter. En 2014 creou o Centro de formación de Moda (FdM). Nesta mesma editorial publicou o best seller "Patronaxe. As bases", ademais de "Patronaxe. As transformacións" 
 
PATRONAXE: AS BASES 
 

 
Permite aprender doadamente as bases necesarias para debuxar un patrón e montalo en plano, acompañadas de todas as explicacións e diagramas necesarios para confeccionar a medida os modelos propostos. Agrúpanse por capítulos os elementos de detalle como corpos, mangas, saias, forros… para que cada un poida adaptar e personalizar como queira un modelo, unha vez realizada a base da peza.

PATRONAXE: AS TRANSFORMACIÓNS
 

Este libro propón un curso avanzado de construción de patróns en plano. Os modelos elixidos presentan o conxunto de técnicas que permiten responder ás tendencias da moda e desenvolver ao mesmo tempo a creatividade. Os debuxos ilustran con claridade os trucos de corte máis complexos. Coa información que ofrece, converterase no manual de consulta e de referencia de todos os afeccionados e do profesorado da moda. 
Diríxese a todos os que desexan expresar a súa capacidade de creación na confección de pezas de vestir, e queren deseñar e realizar o seu propio vestiario.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!