luns, 11 de outubro de 2021

Lámpadas basadas nos gravados de Anni Albers [SERIGRAFÍA]

Seguindo o fío de Anni Albers, dende o taller de serigrafía artística realizamos unha serie de lámpadas baseadas na súa obra gráfica como híbrido entre texto e téxtil, lenzo e páxina, xogando coas tramas e urdimbres, labirintos e nós, marañas e fíos. Este traballo estivo exposto no vestíbulo da entrada da escola e foi realizado para a exposición EMAO/BAUHAUS.
Anni Albers realizou numerosas exposicións, incluíndo no MOMA e comezou a explorar diferentes técnicas de gravado en 1963. Coa impresión gráfica atopou un novo espazo de investigación visual. A través de serigrafías, augatintas, litografía e edición offset, a artista puido perseguir por outros medios, conceptos visuais que xa estaban presentes en moitos dos debuxos preparatorios das pezas téxtiles anteriores, probando novos patróns compositivos. Durante as décadas seguintes e ata o final da súa carreira, Anni Albers realizou diversas colaboracións con talleres e compañías de producción téxtil coas que buscou poñer os seus deseños ao alcance do gran público, mostrando así o seu compromiso co ideario da Bauhaus.
 
 
Para saber máis sobre a obra de Anni Albers podes consultar o anterior post premendo aquí.
 
 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!