venres, 8 de outubro de 2021

Os gravados de Anni Albers [SERIGRAFÍA]


Neste post indagaremos no traballo da obra Anni Albers como gravadora a partir dos anos 60, pero para iso primeiro faremos un previo percorrido pola súa vida e as orixes do seu traballo no campo téxtil facendo o que ela chamaba "tecidos pictóricos". Anni Albers (Berlín, Alemaña, 12 de xuño de 1899 - Orange ( Connecticut), USA, 9 de maio de 1994), de nacemento Annieliese Fleischmann, foi unha deseñadora téxtil, tecedora, pintora e deseñadora alemá, profesora da Escola da Bauhaus. 

En 1922 entrou como estudante na Escola da Bauhaus de Weimar, onde fixo o curso preliminar con Georg Muche e Johannes Itten. As mulleres non podían acceder a algunhas disciplinas, polo que Anni non puido entrar no taller de vidro no seu segundo ano e tivo que optar polo de tecido a cargo de Gunta Stölzl. O deseño téxtil da Bauhaus centrouse máis no campo práctico profesional durante esa década e para cando concluíu os seus estudos no curso 1929/30, Annie xa demostrara sobradamente a súa maestría nesta área. Por exemplo, creou un exitoso tecido insonoro, reflector e lavable (feito principalmente de algodón e celofán) especificamente para un auditorio musical. 


 A Luz I, 1947
Lino e fío metálico
47 × 82,5 cm
The Josef and Anni Albers Foundation, Bethany CT
Foto: Tim
Nighswander/Imaging4Art
©
The Josef and Anni Albers Foundation, VEGAP, Bilbao, 2017



Nudo (Knot), 1947
Gouache sobre papel
43,2 × 51 cm
The Josef and Anni Albers Foundation, Bethany CT
Foto: Tim
Nighswander/Imaging4Art
©
The Josef and Anni Albers Foundation, VEGAP, Bilbao, 2017

En 1925 contraeu matrimonio co artista e pedagogo Josef Albers, que ese mesmo ano, co cambio de sede a Dessau, foi nomeado director dos cursos de iniciación do centro, e de quen tomou o apelido de casada. Desenvolveu innovadores tecidos combinando propiedades de reflexión da luz, absorción do son e durabilidade. Varios dos seus deseños foron publicados e encargáronlle a realización de diversos tapices. Durante un tempo foi alumna de Paul Klee e tras a saída de Gropius da Bahaus, o matrimonio Albers trasladouse aos aloxamentos do profesorado xunto a Klee e Vasili Kandinski. Nesta época Annie comezou a viaxar, empezando por Italia e España. En 1931 foi nomeada directora da área e fábrica de tecido da escola, como substituta de Gunta Stölzl, e sería unha das profesoras na sede de Dessau e das poucas mulleres a cargo dun taller na Bauhaus. 


Diagrama que amosa o  método de notación do deseño (ligamento tafetán) [Diagram showing draft notation (plain weave)] lámina 10  (On Weaving), 1965
Tinta e lápis sobre papel cuadriculado
27,8
x 21,6 cm
The Josef and Anni Albers Foundation, Bethany CT
Foto: Tim
Nighswander/Imaging4Art
©
The Josef and Anni Albers Foundation,

 

Tras a chegada de Hitler ao poder en 1933 e o peche da Bauhaus pola presión do partido Nazi, Anni e o seu marido exiliáronse a Estados Unidos invitados por Philip Johnson para impartir clases en Carolina do Norte durante dez anos (de 1939 a 1949). Durante estes anos Anni participou en exposicións e escribiu artigos sobre deseño. En 1949 converteuse na primeira deseñadora en realizar unha exposición monográfica no Museo de Arte Moderna de Nova York. Desde 1936, Anni Albers xunto ao seu esposo realizaron obras que narran a súa devoción polas culturas prehispánicas en Latinoamérica, así como a enorme influencia que os catorce viaxes realizados a México, Cuba, Perú e Chile, exerceron na obra e a vida da parella. Entre os traballos de Anni Albers, destacan os estudos preparatorios e tapices realizados nos anos centrais da súa carreira, onde se aprecia a influencia téxtil do Perú e México prehispánico. En Perú a artista atopa unha das máis altas culturas téxtiles coñecidas, onde os fíos cóntanse entre os primeiros transmisores de significado. 


 

Ao cabo dunha vida deseñando tecidos a man, Anni Albers empezou a ensaiar o gravado nos anos sesenta, así como a creación de xoias, inspirada no tesouro de Monte Albán, Oaxaca. Tras deixar a docencia, en 1949 a parella mudouse a Connecticut e Anni traballou por libre, dedicándose á súa propia fabricación e deseños téxtiles, aínda que tamén o faría en certos períodos para diversas firmas como Florence Knoll, entre outras. Durante a década dos 50 Anni traballou en deseños téxtiles fabricados en serie, creando a maioría dos seus tecidos pictóricos, e publicou artigos e unha colección cos seus escritos. 

 En 1963 no Taller de litografía Tamarind, en Los Ángeles, foi convidada a experimentar coas técnicas de estampaxe, interesándose pola litografía e o serigrafiado. O traballo de Anni aínda ten presenza en moitos dos patróns, cores e deseños que hoxe se utilizan na industria téxtil debido a que ela converteu en arte a tradición artesá da teceduría, creando o que ela denominou "tecidos pictóricos". Aproveitándose dos novos tecidos sintéticos, Anni Albers conseguiu dar unha gran plasticidade ás súas creacións. 


A partir dos anos sesenta, a artista comezou a trasladar as súas experimentacións ao campo do gravado, mantendo sempre a súa liña de traballo no ámbito visual. Aos poucos vai pasando da serigrafía á aguatinta, a litografía e o offset. Con todos eles experimentou o desenvolvemento de combinacións formais que, no fondo, estaban incluídas nesa concepción inicial do tecido como texto visual.


Connections Técnica: Serigrafía sobre papel
 
Número de edición: Ed. 28/125  
 Créditos: Colección MACBA. Fundación MACBA. Obra adquirida gracias a Fundació Puig Copyright: © The Josef and Anni Albers Foundation, VEGAP, Barcelona 
 


Muro XII (Wall XII), 1984
Acuarela sobre serigrafía
72,4
x 57,2 cm
The Josef and Anni Albers Foundation, Bethany CT
Foto: Tim
Nighswander/Imaging4Art
©
The Josef and Anni Albers Foundation, VEGAP, Bilbao, 2017



Na biblioteca da escola podedes consultar o libro "Los grabados de Anni Albers: catálogo razonado 1963-1984." Fox Weber, Nicholas. Editorial: Rm Verlag e no seguinte post amosaremo ao traballo feito na aula polo alumnado de serigrafía da EMAO basado nas imaxes dos grabados de Anni Albers.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!