A ALMA DA AUGA MIRA CARA MANHATTAN
Foto de el Periódico |
24 metros de altura mide “El Alma del Agua”, a nova escultura de Plensa que cambiou a paisaxe de Nova York. Instalada nunha dársena do peirao de Newport en Nova Yersey observa a cidade dende o seu pedestal e pide acougo a Manhattan.
Con esta peza Jaume Plensa, un dos escultores máis recoñecidos do mundo, reivindica escoitar o son da auga. Como en todas as suas obras é moi importante a elección do lugar no que van ser instaladas. Plensa é un escultor caracterizado por estudar en profundidade a relación que se xera entre o espazo no que traballa , o individuo e a memoria colectiva do lugar, cada obra está onde está porque ese é o seu lugar; así obras como Dreams instalada nunha localidade mineira do Reino Unido, na que os veciños de St. Helens foron actores fundamentais na súa elección; ou a Fonte Crown creada para ser unha escultura viva na que retratos de cidadáns de Chicago expulsan auga pola súa boca como Gárgolas xigantes de luz e convidan a interactuar coa peza nun lugar de encontro, unha praza, xerando un espazo lúdico que nos aparta do ruído cotián.
Foto de El País |
https://www.elperiodico.com/es/ocio-y-cultura/20211020/alma-plensa-emerge-aguas-hudson-12308395
https://elpais.com/espana/catalunya/2021-10-23/la-mala-suerte-de-plensa-con-barcelona.html
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!