xoves, 14 de outubro de 2021

Andrea Moccio [SERIGRAFÍA]

 Andrea Moccio naceu en Buenos Aires en 1964. Estudou na Escola Nacional de Belas Artes Prilidiano Pueyrredón e nos talleres de Matilde Marín, Alfredo Portillos, Diana Aisenberg. Traballou nos talleres interdisciplinarios de Christian Boltanski, na Escola de Belas Artes de París e no taller de edición de obra gráfica en serigrafía de Manuel Belo, no Centro Arteleku, San Sebastián. Ten un taller serigráfico en Arxentina onde da cursos e leva a cabo traballos por encargo. Neste post centrarémonos no seu traballo como artista creando instalacións de papel serigrafiado e no seu traballo de edición en obra gráfica e de edición de libros en colaboración con recoñecidos artistas. Comezaremos visualizando o vídeo da serie documental "Mulleres de Oficio. Artes aplicadas ao papel" Capítulo 1: Andrea Moccio. Serigrafía. Realizado por Filis Producións. Buenos Aires, Arxentina, 2017.

 

No anterior vídeo  vimos o proceso do serigrafiado do papel para despois darlle volume, mediante esa técnica Andrea Moccio creou este labirinto de papel de seda serigrafiado titulado En el cristal de un sueño. 21x21 m, 2016.



Coa mesma técnica tamén fixo a  instalación Yo también me fui al cielo (Correo Central):

 
  En Exuvia, instalación de papel en gran formato, un gran manto de papel colgado imponse suspendido dende o teito. Andrea Moccio traballa o papel, un material básico da súa formación de gravadora, pero afástao do plano para producir retículas monocromas expansivas mediante a serigrafía, volumes que conforman unha trama de entrañas de grilandas nas que o espectador pódese mergullar. 



 Na instalación Frágil  (Fundación Klemm) utilizou papel serigrafiado e troquelado:




En Calcáreo (Centro Cultural Recoleta) presentou unha peza feita de cemento estampado con serigrafía:




O Museo Nacional do Gravado de Arxentina posúe unha moi variada colección integrada por máis de doce mil pezas. Cada mes selecciona unha delas para difundir o patrimonio e traballo dos  artistas. En agosto, elixiron o gravado Azucenas, da serie Todos os xardíns da miña nai, de Andrea Moccio que resume o seu traballo nestas palabras: “Nesta serie de obras traballo con fotografías de recunchos de xardíns, como o da casa da miña nai, onde flores, e plantas sobrevívena. Recunchos verdes, frecuentados nos meus recordos, mutan e mestúranse nunha natureza confusa , de fibras, panales e toner. O extrañamiento que xera a fusión da deterioración da imaxe, atravesada polos fibrosos buracos do papel , así como o resultado de envellecemento da obra en si ,salientan o sentido xeral de saqueo natural que dá o paso do tempo. Busco o equívoco na materia etérea , difícil de descifrar como papel, ou tea suspendida…. para ingresar a un mundo de imprecisións emocionais, onde a natureza podería estar ao límite de ser materia prima, transformarse en recorte de mostrario téxtil. Imprimo dixitalmente cunha impresora familiar unha imaxe fraccionada e recompóñoa manualmente a modo de colaxe, en papel feito a man, confeccionado con fibras naturais, buscando na seriación propia da obra gráfica, o sorprendentemente aleatorio.”


 A seguintes imaxes son de obra gráfica e edición de libros serigrafiados coma o libro de Guadalupe Fernández, Metafísica Salvaje, Casa de Oficios. 100 exemplares, 2006.

.



Martin Kovensky, Se terminaron las clases, . Casa de oficios, 100 exemplares.


Roberto Paez, Nunca salí, 100 exemplares, 2006.

Xul Solar, serigrafía sobre papel rosaspina Fabriano, 30 exemplares.

Ana López, Lourdes Ventura, 100 exemplares.

http://www.andreamoccio.com.ar/index.php

https://www.arte-online.net/Notas/Refexiones-que-inspiran.-Andrea-Moccio

https://www.buenosaires.gob.ar/cultura/usina-del-arte/exuvia

https://www.arteinformado.com/agenda/f/el-ano-del-dragon-78254

1 comentario:

¡Anímate a participar cos teus comentarios!