Esta semana pasada faleceu un grande da banda, Quino, o sobrenome
de Joaquín Salvador Lavado Tejón (1932). Penso que non hai ninguén que non coñeza a Quino,
ou polo menos que non coñeza a súa universal creación, Mafalda. Quino é
arxentino pero de orixen malagueño, xa
que os seus pais emigraron para o país americano como moitos outros españois na
década dos 30 do século pasado. A súa vocación artística a descobre grazas ao seu tío Joaquín Tejón, que era pintor e deseñador gráfico. Con trece anos comenza na Escola de Belas Artes, pero abandoaa, tomando a decisión de adicarse a banda e a o humor gráfico. Chegaría o seu momento cando no 1954 publica por primeira vez unha viñeta no semanario "Esto es".
A Quino o podemos enmarcar dentro dese grupo de debuxantes, humoristas gráficos que cambian a estética e o discurso da viñeta humorística despois da segunda Guerra Mundial, seguindo a estela de Steinberg e de Schulz quince anos antes. A finais dos 40, durante a postguerra presénciase unha revolución expresiva basada na simplicidade lineal e o esquematismo gráfico asociado a modernidade. A banda deseñada libérase do realismo e de certo tipo de narracións. Ahí atopamos a obra de Quino, que crea unha super heroína crítica e vivaz, Mafalda. Esta naceu inicialmente para o mundo da publicidade, Foi un encargo no que buscaban unha liña dos Peanuts de Schulz. O proxecto non madurou pero o personaxe estaba feito ...e Quino rescatao e dalle contido. Mafalda, a quen non lle gusta a sopa, reflexiona sobre o comportamento estúpido dos humanos desde a óptica dunha nena ceibe de prexuizos. Todo aderezado en clave de humor, pero que di moita verdade....e que eu recomendaría que leran señores como Trump. A primeira tira de Mafalda apareceu no ano 1964 no semanario "Primera Plana" e pronto esas tiras se recopilarán e reeditarán adquirindo fama internacional.
Pero en 1973, Quino toma a decisión de non debuxar máis tiras de Mafalda pois como di a súa biografía " non ten a necesidade de utilizar a estructura expresiva das tiras en secuencia". De tódolos xeitos Mafalda segue reeditandose, segue igual de vixente despois de 50 anos.
Pero Quino non é só Mafalda. As súas viñetas de humor ácido para adultos son ben coñecidas. Todas elas aparecen recopiladas nas coleccións de libros de humor. "Esto no es todo" " La buena mesa" " Ni arte ni parte" "La aventura de comer", son algúns dos títulos editados en España.
Quino foi galardoado polo seu traballo e traxectoria numerosas veces como: Humorista Gráfico do Ano no Salón Internacional de Montreal (1982), dous Konex de Platino de Artes Visuais-Humor Gráfico (1982 y 1992) e o Konex Especial (2012), O Iberoamericano de Humor Gráfico Quevedos (2000) e o Romics de Ouro (Roma, 2011). En 2014 recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades.
É un bo momento para reler a Quino, para rir novamente co seu humor negro, tan humano, xa que critica e da no clavo en temas que son universais e atemporais . Rir das nosas penurias para entender a nosa imperfección. Grazas Quino polo teu legado.
Ahhh....Grande, Mafalda!. Cuántos recuerdos de infancia.
ResponderEliminarUna frase que me encantaba de Mafalda:
"Cuando no sepas que ponerte...pues ponte feliz. La felicidad combina con todo".