xoves, 22 de outubro de 2020

Abi Castillo: A Ilustradora de Moda [BIBLIOTECA]


Hoxe queremos felicitar a nosa alumna de cerámica artística Abi Castillo polo seu traballo e polo seu recoñecemento á EMAO e ao seu mestre Miguel Vázquez.

O seu traballo abarca a ilustración, a pintura e a cerámica. Na actualidade como ela mesma di áchase inmersa nun constante proceso de aprendizaxe, experimentación e creación.
Este domingo pasado publicábase unha entrevista no suplemento Vida de Atlántico Diario. Baixo o título "A ilustradora galega de moda" onde se facía un repaso á traxectoria profesional desta licenciada en Belas Artes, que realizou murais para o programa municipal de medianeiras, foi elixida para formar parte da colección de Zara, de edición limitada, Woman in Art, realizou ilustracións para publicacións infantís e xuvenís da editoriais Galaxia e Xerais. Foi gañadora na especialidade de escultura do certame Novos Valores 2019 que promove a Deputación de Pontevedra. Actualmente participa na Exposición CROMÁTICA III Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea en Santiago de Compostela.
 
Podédela seguir tamén no seu facebook e no seu Instagram

Publicada no facebook de Abi Castillo

Publicada no facebook de Abi Castillo

Publicada no facebook de Abi Castillo
 
Foto publicada en Vigo-e

1 comentario:

¡Anímate a participar cos teus comentarios!