martes, 27 de outubro de 2020

Segunda convocatoria do Open Porfolio [SERIGRAFÍA]

Xa está en marcha a segunda convocatoria da sétima edición do Open Portfolio, proxecto que busca apoiar, difundir e potenciar as prácticas artísticas emerxentes no campo do gravado. O Festival Internacional de Gravado e Arte sobre Papel busca fortalecer o proxecto Open Portfolio a través dun convenio entre o festival e a Fundación´ ace. Ampliando o programa a Latinoamerica e xerando redes internacionais que dean presenza aos artistas de latinoamerica en FIG Bilbao e aos artistas europeos ali. O obxectivo e a filosofía deste programa e ser plataforma de promoción, difusión e profesionalización para todos aqueles creadores emerxentes e manifestacións artísticas contemporáneas no ámbito da gráfica. Concíbese como unha ferramenta que permite establecer a necesaria ponte entre a etapa formativa e a práctica profesional da arte. Open Portfolio está dirixido a todos aqueles artistas emerxentes cuxa práctica se centre no campo da estampa e a obra sobre papel ou teñan unha actividade destacada nesta disciplina.

 Debido á situación de restrición de movementos e concentración de persoas a causa do Covid-19, a organización de Open Portfolio FIG decidiu realizar a segunda convocatoria mantendo a esencia e calidade do certame para adaptala ás circunstancias actuais. Por iso, esta convocatoria de outubro realizarase de novo de forma virtual a través da plataforma on- line openportfolio.es creada para este propósito que permitirá mostrar, difundir e comercializar a obra dos artistas participantes. Desta maneira, non se esixirá a presenza física dos participantes.

Entre os artistas convocados en outubro, un xurado profesional seleccionará a catro deles para acudir á xornada final de Open Portfolio que terá lugar o 28 de novembro no Palacio Euskalduna. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!