Antón Lamazares (Maceira, Lalín, 1954):
Pintor cuxas obras realizadas sobre madeira e cartón, crean unha linguaxe propia a partires da experimentación con vernices e outras materias.
O seu estilo evolucionou dende un inicial expresionismo cara o informalismo e a abstracción cunha deriva minimalista.
3. Pictogramas:
Hildegarda Von Bingen (Bermersheim, Alemaña, 1098- Rupertsbreg, Alemaña, 1179), relevante mística xermana, inventou a primeira lingua artificial da historia: “Littere ignote” (Lingua ignota), era o seu idioma vehicular para falar con Deus.
O alfabeto Delfín é o verbo co que Lamazares pode falar sobre e co non nomeado, o que só pode ser transmitido no silencio.
Preferimos entón non escoitalo, pero si intuílo, pois é nese espazo xordo (na distancia que hai entre o que nos relata e o que descubrimos) onde atopamos “o alado”.
"En una noche oscura", Poema de San Juan de la Cruz:
Poema completo: https://cvc.cervantes.es/obref/sanjuan/edicion/p_sanlucar/sanlucar_01.htm
1º. Arte oceánica:
8º. Francis Bacon (1606-1669I:
“Quixera que as miñas pinturas se viran coma se un ser humano tivera pasado por elas, coma o caracol que deixa unha pegada de baba, na miña obra a presenza humana segrega un trazo de eventos pasados”.
Francis Bacon.
“Acaso algún día logre capturar un instante, en toda a súa violencia e toda a súa beleza”.
Francis Bacon.
No caso de Lamazares, a baba de caracol, a pegada humana ou o instante, é unha unidade...un núcleo de átomo indivisible, dende o taboleiro, o cartón, os cravos que os unen, a costura, o verniz, o pigmento, o golpe, a forma, a non forma, a súa obra é íntegra.
A PINTURA QUE ARA NOS EIDOS DO ESPIRITUAL É A QUE ME VAI DESDE SEMPRE.
Antón Lamazares
5. Unha cor tan antiga coma o mundo ou a cor do mito:
“O mito proposto e plasmado por Antón Lamazares na equidistancia do crepúsculo non trata de transcender a fronteira do outro mundo, senón de entrever e revelar un fondo sentido na infinitude¨.
Santiago Amón, 1984.
O mito o utiliza quen estea entregado á mistura do elemental, o que busque a dimensión esencial da pintura.
¨No norte hai un mar que é máis alto que o ceo¨.
Carlos Oroza. 1977.
É dende aí, onde Antón erixe a súa lenda, dende a súa orixe, na súa infancia, nos seus lugares onde creciamos de xeito ígneo, cando combustionabamos de xeito espontáneo. Neses lares, Lamazares fabrica os seus enxeños de cartón e madeira, que nos serven de inmensa escada ascendente e se son “os novos xigantes bifrontes”, entón os usamos coma “a gran porta”. Para traspasar cara..."un sentimento ingrávido”, como diría o sea amigo Carlos Oroza.
A ALDEA DE MIÑA INFANCIA VAI SEMPRE COMIGHO... PENA PENIÑA PENA DELA... ALÁ VAi!!!
Antón Lamazares.
SON UN FILLO DE LABRADORES ATRAVESADO POLA MIÑA INFANCIA E OS AIRES FRANCISCANOS DO CONVENTO DE SAN ANTONIO DE HERBÓN E AS GHRACIAS VAGHAMUNDAS DA MIÑA VIDA.
Antón Lamazares.
Cos seus vernices, capta a luz que deposita a néboa nas súas paisaxes: “a cor da xeada, sobre as follas, as augas dos ríos ou a luz dos campos a través do cristal”, son cores molladas de natureza empapada.
“Por dentro estamos cheos de sangue e auga”, esta frase de Antón, faime pensar que, se esa “verdade atmosférica”, coa que traballa a cor, a comparamos coa súa materia: cartón e madeira transmutados en carne, entón a súa cor co verniz é sangue.
CAVILO QUE NUN VILLANCICO FELIZ CABE A MIÑA PINTURA TODA.
Antón Lamazares
No seu traballo, acolle o diálogo entre alma, memoria, sensualidade, espiritualidade, onirismo e poesía.
3. Pictogramas:
Hildegarda Von Bingen (Bermersheim, Alemaña, 1098- Rupertsbreg, Alemaña, 1179), relevante mística xermana, inventou a primeira lingua artificial da historia: “Littere ignote” (Lingua ignota), era o seu idioma vehicular para falar con Deus.
O alfabeto Delfín é o verbo co que Lamazares pode falar sobre e co non nomeado, o que só pode ser transmitido no silencio.
Preferimos entón non escoitalo, pero si intuílo, pois é nese espazo xordo (na distancia que hai entre o que nos relata e o que descubrimos) onde atopamos “o alado”.
En una noche oscura.
262 x 143 cm cada pieza.
2017-2018.
"En una noche oscura", Poema de San Juan de la Cruz:
Poema completo: https://cvc.cervantes.es/obref/sanjuan/edicion/p_sanlucar/sanlucar_01.htm
4. O canto da carne:
A arte é unha liña que soa e Antón que “pinta coma se soñaramos” (Juan Carlos Mestre), enterra a man nesta disciplina, para debullar a terra que subtrae coas súas mans e quedarse só cos átomos que desexan a verticalidade, os que miran ao ceo, “en dirección ascendente” o que está nun estado de visión e que aquí vou tentar detallar paso a paso:

Cruz desconocidos y cruz zoqueiros.
300x200 cm.(Díptico).
1986-1993-1994.
1º. Arte oceánica:
Caracterízase pola súa temática xeralmente espiritual e de culto aos antepasados, cun tratamento máxico-simbólico e unha esquematización xeométrica das formas, converténdoas en signo. As cortizas da árbore que utilizan coma soporte pictórico, ben poderían ser os cartóns. Lamazares só depende do entorno no que se alimenta o artista.
El paraíso.
70x65 cm.
1984.
2º. Arte Bizantino (S. VI-XV):
É un momento histórico único na historia da humanidade. Nel conflúen de xeito natural a cultura oriental e occidental, a helenística e a medieval. Para a mentalidade bizantina, as iconas, non son meras representacións relixiosas senón que son a divindade mesma feita materia. Son teofanías (revelación do divino) O pintor bizantino durante o acto de pintar, invoca a presenza de Deus na súa pintura a través dos pigmentos e materiais que manipula coma se de alquimia se tratara... o canto da carne de Antón.
Meu rei.
250x580 cm.
1986.
3º. Os primitivos italianos (S.XII-XIV):
É unha situación de encrucillada entre dúas épocas da historia da humanidade, a idade media e o renacemento (a moderna) polo tanto, o seu traballo, desenvólvese case a cegas pois mentres que a fe é o motor principal da súa pintura, a súa individualidade, o seu “Eu” está presente coma un novo xeito de ollar.
Non en balde Giotto, foi o primeiro pintor da historia da humanidade, que desenvolve a súa propia iconografía realizando os frescos das milagres de San Francisco en Asís, non existía ningunha codificación previa sobre a vida de quen fala cos animais.
E que dicir de Fra Angélico, coma pinta un beato-pintor, senón baixo o ollar constante de Deus. Italo Calvino nun relato marabilloso, describe coma o noso pintor deixaba pola noite no xardín do seu convento, trampas de redes para cazar os Querubíns (anxos alados) no seu revoloteo, para así durante o día, poder pintalos con mellor detalle... Antón faino dun xeito máis basto, cázaos ao voo, coa man, coma as moscas.

Ramón da Farruca.
214x420 cm.
1987.
4º. Rembrandt (1606-1669):
O alquímico da luz, o que consigue máis distancia física entre a sombra e a luz, introduce o seu pincel na escuridade, para extraer dela o fulgor. Lamazares faino no máis fondo da súa masa encefálica, polo que se ve, de aí extrae cores estremecidos.

Almacenes del mundo.
250x428 cm. (Obra bifronte I).
1987-1991.
5º. Paul Klee (Suiza 1879-1940):
“Un pintor non debe pintar o que ve, senón o que se verá”.
Paul Klee.

A profundidade da súa obra baséase no seu potencia para poder crear mundo soñados, paisaxes máxicas e naturezas primarias, con elas explica a súa percepción metafísica da realidade.
6º. Joan Miró (Barcelona, 1893 – Palma de Mallorca, 1983):
O que é esencia na súa pintura deriva do que viviu de pequeno na súa Masía en Montroig, o máis sinxelo que atopaba nos campos como poliñas de árbores, flores, insectos e despois a contemplación do ceo: o sol, a lúa, as nubes e as constelacións.
“É coma se Miró fora un paxaro nocturno capaz de fuxir da terra, deixando o ceo, viaxando a través do ceo e as estrelas, cara as constelacións, para capturalas todas cunha man e volvelas á terra sobre unha folla de papel”.
Joan Punyet Miró.
“Para min, unha migalla de herba ten máis importancia que unha grande árbore, unha pedriña máis que unha montaña, un cabaliño do demo máis que unha aguia".

Joan Miró.
"Todo; no ceo raso, na árbore, por todas partes hai ollos. Para mín, todo está vivo; esa árbore ten tanta vida coma eses animais, ten unha alma, un espírito, non é só un tronco e follas”.

Inda é vinte.
117´5x298´54 cm.
2011-2012.
7º. Alberto Giacometti (1901-1966):
O pintor e escultor do enxoito, o magro, na súa investigación da forma, é tan autoesixente, tan ascendente, que non se permite o máis mínimo descoido, o resultado é que, no seu traballo, todo acaba demacrado.
Cónstame por experiencia persoal, que no caso de Antón este requirimento esténdense dende o mesmo cara todo o que lle circunda, os seus cadros, os seus achegados, todo... así quedan tamén os seus cadros, como a mojama (que ten por certo unha cor moi querida polo noso artista).

Eidos de Rosalía 15.
207x164 cm.
1996.
8º. Francis Bacon (1606-1669I:
“Quixera que as miñas pinturas se viran coma se un ser humano tivera pasado por elas, coma o caracol que deixa unha pegada de baba, na miña obra a presenza humana segrega un trazo de eventos pasados”.
Francis Bacon.
“Acaso algún día logre capturar un instante, en toda a súa violencia e toda a súa beleza”.
Francis Bacon.
No caso de Lamazares, a baba de caracol, a pegada humana ou o instante, é unha unidade...un núcleo de átomo indivisible, dende o taboleiro, o cartón, os cravos que os unen, a costura, o verniz, o pigmento, o golpe, a forma, a non forma, a súa obra é íntegra.
Son o home que pode e atura...
119x261 cm.
2015-2017.
"Son o home que pode e atura ser home / i anque sei que no teño máis que esta vida / teimo algo que desminta a seguranza de que todo está perdido".Uxío Novoneyra.
9º. Manuel Millares (Gran Canaria, 1926-Madrid, 1972):
Pois ben, despois de describir de xeito pormenorizado esta liña soñada ascendente, que ao ser infinita ao final onde o ceo se mestura co mar, no solpor, transfórmasenos en parabólica, atopámonos coa obra de Antón.
Lamazares, para crear a súa fusión nuclear, utiliza as seguintes sustancias: cartón, taboleiros, costuras, terras e pigmentos que o noso pintor oceánico atopa.
O proceso químico é o seguinte: o ollar silencioso, a lesión abrupta, a cristalización ou fosilización (utilizando o verniz coma resina de ámbar), como resultado, todo iso transfórmase en carne, asimilando a anatomía corporal ao territorio pictórico.
É coma se estes materiais, despois de sufrir un proceso “vía crucis”, se transmutaran na pel dun corpo lacerado, nunha “fermosa cobertura”.
A súa técnica pictórica é o da maceración, o golpe, a erosión, é un proceso de senectude da materia, para así convertela en tempo, en memoria, transmitindo a través dela súa respiración, o “chorro de fumo” que despide dos seus pulmóns mentres reflexiona, sixilo e existencia, que se impregnan, se sedimentan sobre o verniz mordente.
Utiliza as arpilleras coma unha evocación das teas coas que se envolvían as momias guanches, que tras a súa manipulación, desgarrándoas, furándoas, coséndoas e untándoas, convérteas en corpos rachados, crucificados.
Desazón de vagabundos.
250x250 cm.
1994.
Lamazares, para crear a súa fusión nuclear, utiliza as seguintes sustancias: cartón, taboleiros, costuras, terras e pigmentos que o noso pintor oceánico atopa.
O proceso químico é o seguinte: o ollar silencioso, a lesión abrupta, a cristalización ou fosilización (utilizando o verniz coma resina de ámbar), como resultado, todo iso transfórmase en carne, asimilando a anatomía corporal ao territorio pictórico.
É coma se estes materiais, despois de sufrir un proceso “vía crucis”, se transmutaran na pel dun corpo lacerado, nunha “fermosa cobertura”.
A súa técnica pictórica é o da maceración, o golpe, a erosión, é un proceso de senectude da materia, para así convertela en tempo, en memoria, transmitindo a través dela súa respiración, o “chorro de fumo” que despide dos seus pulmóns mentres reflexiona, sixilo e existencia, que se impregnan, se sedimentan sobre o verniz mordente.
Entón nós, para experimentala, necesitamos do tempo pausado, poder avellentar con ela.
6º. Arte popular:
"O extenso ciclo de pinturas de Anselm Kiefer titulado “O vellocino de ouro” atopa a súa orixe nun contexto completamente banal e cotiá, de feito, así comezou: “Eu estaba sentado á mesa cos meus colaboradores tomando café e pasteis, tra-la merenda, a mesa quedou de pronto ante min coma un campo de batalla: cuncas baldeiras, restos nos pratos, migallas, pegadas... como se ve, unha mesa para tomar café fai resucitar a Jasón”.6º. Arte popular:
Anselm Kiefer, 1990.
Ista cita ven a colación, para explicar de xeito sinxelo o que para Lamazares supón a influencia do coñecemento popular no seu traballo. En conversa sobre este tema, Antón enumeroume humildes e poderosos exemplos: O xeito que ten a súa nai en dispoñer a mesa, o estilo caligráfico da oferta culinaria (pintada sobre cristal), dos “restaurantes de menú” de Madrid, os obxectos atopados e atesourados por Joan Miró no seu estudio e que servían coma manancial de inspiración do seu universo, etc.
Estas “I fioretti di san Francesco”, por desgracia están a desaparecer a unha velocidades abraiante na nosa sociedade “empantallada”. Tócanos a nós, se non queremos desatendelas, rastrealas nos seus cadros, pois neles habitan palpitantes...porque o que se olla e pensa, non se esquece.

Manantial rusia.
203x541/51x56 cm.
1989.
Antón Lamazares
5. Unha cor tan antiga coma o mundo ou a cor do mito:
“O mito proposto e plasmado por Antón Lamazares na equidistancia do crepúsculo non trata de transcender a fronteira do outro mundo, senón de entrever e revelar un fondo sentido na infinitude¨.
Santiago Amón, 1984.
O mito o utiliza quen estea entregado á mistura do elemental, o que busque a dimensión esencial da pintura.
¨No norte hai un mar que é máis alto que o ceo¨.
Carlos Oroza. 1977.
É dende aí, onde Antón erixe a súa lenda, dende a súa orixe, na súa infancia, nos seus lugares onde creciamos de xeito ígneo, cando combustionabamos de xeito espontáneo. Neses lares, Lamazares fabrica os seus enxeños de cartón e madeira, que nos serven de inmensa escada ascendente e se son “os novos xigantes bifrontes”, entón os usamos coma “a gran porta”. Para traspasar cara..."un sentimento ingrávido”, como diría o sea amigo Carlos Oroza.
Domus Omnia.
A ALDEA DE MIÑA INFANCIA VAI SEMPRE COMIGHO... PENA PENIÑA PENA DELA... ALÁ VAi!!!
Antón Lamazares.
SON UN FILLO DE LABRADORES ATRAVESADO POLA MIÑA INFANCIA E OS AIRES FRANCISCANOS DO CONVENTO DE SAN ANTONIO DE HERBÓN E AS GHRACIAS VAGHAMUNDAS DA MIÑA VIDA.
Antón Lamazares.
6. Eidos:
De maio a novembro de 1996, Lamazares pinta a serie Gracias do Lugar: Eidos de Rosalía, Eidos de
Bama, nas que reivindica a posesión do home polo seu hábitat.
De maio a novembro de 1996, Lamazares pinta a serie Gracias do Lugar: Eidos de Rosalía, Eidos de
Bama, nas que reivindica a posesión do home polo seu hábitat.
Cos seus vernices, capta a luz que deposita a néboa nas súas paisaxes: “a cor da xeada, sobre as follas, as augas dos ríos ou a luz dos campos a través do cristal”, son cores molladas de natureza empapada.
“Por dentro estamos cheos de sangue e auga”, esta frase de Antón, faime pensar que, se esa “verdade atmosférica”, coa que traballa a cor, a comparamos coa súa materia: cartón e madeira transmutados en carne, entón a súa cor co verniz é sangue.
Antón pinta de xeito presocrático, por iso estas substancias se transforman en herba e orballo, en terra e xeada, en cristal e bafo... coma cando ollaba sendo neno dende a súa fiestra en Maceira, así o facía tamén Uxío Novoneyra ou “O camiñante sobre o mar de nubes” de Caspar David Friederich... observando a sublime esencia da creación.
Eidos de Bama.
523x500 cm.(Díptico).
1996.
Antón Lamazares
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!