venres, 16 de outubro de 2020

Melloras docentes [DEBUXO]

1. PROXECCIÓN

Nestes tempos tan complexos temos que adaptarnos, buscar solucións, adiantarnos aos feitos  que nos permitan desenvolver unha docencia de calidade no noso espazo que é a EMAO. O obradoiro de debuxo plantexa a ensinanza como algo eminentemente práctico, polo que a observación do "como se fai" forma parte da metodoloxía da aula. Procuro que estas explicacións se reforcen de xeito individual, acudindo ao rescate do alumnado mesa por mesa, pero sempre realizo unha explicación xeral facendo unha pequena práctica a modo de exemplo que poda ver todo o grupo.

Esto xa non é posible facelo como se facía. O protololo Covid19 non permite esa distancia estreita entre alumnado. A reunión ao redor dunha mesa para ver a práctica ou o plan de traballo xa non é posible, polo que tiven que inxeñalas para seguir utilizando esta metodoloxía do "como se fai".

Os nosos recursos como escola son limitados co referente as novas tecnoloxías, pero argallar forma parte do noso espíritu. Para dar estas clases agora instalei un pé de micro ao que fixei unha cámara conectada ao proxector, dese xeito podo proxectar  a imaxen. Un recurso moi sinxelo e básico que me resolve o "como se fai".

Penso que este xeito de dar estas clases xa se vai instaurar definitivamente, sempre  que poda dispoñer destes recursos que son compartidos. Esto xa supón unha mellora.

2. SAIDAS

Sempre saímos a rúa a debuxar. Forma parte do espíritu e os obxetivos do obradoiro, ser que de debuxar do natural a contorna. Pero neste curso como adiantei anteriormente en outra entrada, o espazo obradoiro prolongarase a rúa decotío. 

Eso é o que estamos a facer, sair a rúa, debuxar todo o que poidamos na rúa. Agora engrasasaremos os nosos útiles, e adaptaremos o noso ollo para conseguir os mellores resultados. Polo de agora estamos collendo ritmo cas motocicletas.




Seguiremos pensando como mellorar o noso xeito de traballar aportando solucións sinxelas cas que o alumnado siga aprendendo e disfrutando do debuxo. Acabamos de empezar, esto é o comenzo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!