Hoxe 19 de outubro, celébrase a V edición do Día das Escritoras para destacar o traballo e o esforzo da muller. Organizado por quinto ano consecutivo pola Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mujeres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias ( FEDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas (CyM), coa idea de difundir o legado cultural das escritoras hispanas e hispanoamericanas, lembrar as dificultades ás que se enfrontaron e destacar o valor das súas obras.
A iniciativa, á que se suman numerosas institucións nacionais, públicas e privadas, naceu en 2016 e celébrase o luns máis próximo á festividade de Teresa de Jesús. O comisariado nesta quinta edición está a cargo de Elvira Lindo, quen seleccionou ás autoras en torno ás que xirará a lectura dos textos. Tres de elas, Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán e Pura Vázquez, representan ás letras galegas.
Tomando como referencia o acto organizado pola Biblioteca Nacional, esta tarde na nosa cidade, na sede da Deputación de Pontevedra, a terá lugar unha lectura pública de fragmentos das obras destas escritoras por parte de mulleres e homes da cultura da provincia, e se encadra na Alianza Local pola Axenda 2030 que impulsa a Deputación coa celebración dos Días Mundiais relacionados co cumprimento dos ODS.
No acto, que comezará ás 19 horas, leranse fragmentos de obras das seguintes escritoras: "De Teresa de Jesús a Idea Vilariño, de Luisa Carnés a Alfonsina Storni, pasando por Elena Fortún, Luz Pozo, Concha Méndez, Mercé Rodoreda, Circe Maia, Gabriela Mistral e tantas outras en cuxa escritura se reflicte o esforzo de vivir, a vida traballada, o cansazo e a vontade de cumprir, a pesar das trampas do camiño, cunha vocación túzara e intensa."
O evento, que será introducido pola editora viguesa Teresa Zataraín, socia de «Clásicas e Modernas«, terá estritas medidas anticovid-19 e por elo celebrarase cun formato consistente en dúas quendas de lectura con 10 intervencións cada unha delas.
Só unha parte das/os lectoras/es farán a lectura presencialmente na sede da Deputación, na rúa Eduardo Chao, mentres o resto conectarase a través da plataforma Zoom co obxectivo garantir en todo momento o respecto ao aforo máximo. Ao mesmo tempo, para facilitar o seguimento para o público interesado farase unha retransmisión do acto por streaming a través do portal www.depo.es.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!