luns, 6 de novembro de 2023

Venres da EMAO 10-11-2023. Presenta SOLAR de Edicións [DEBUXO ARTÍSTICO]

 

Ignacio Pérez-Jofre, artista e docente, hoxe Vicedecano de Cultura da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, e Juan Gallego, deseñador e editor, embarcáronse no ano 2021 nun proxecto editorial chamado SOLAR de Edicións. Polo de agora levan dous títulos publicados: "Ensayo sobre la noche", de Nacho Alonso, e "El viento ese día", de Din Matamoro. Nesta xornada contaremos coa súa presenza. Falarannos de como xorde este proxecto e de como encaran o futuro da editorial. Teremos tamén como convidado a Din Matamoro en calidade de escritor.

Presentado por Federico Fernández (mestre de Debuxo artístico da EMAO)
Data: 10 de novembro de 2023
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo


Entrada libre ata completar aforo

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!