mércores, 1 de novembro de 2023

Venres da EMAO 3-11-2023. Juan de la Colina. Aproximación a unha traxectoria [PINTURA]






Este venres 3 de novembro, dentro do programa Venres da EMAO presentamos a conferencia-coloquio de Juan de la Colina

Juan de la Colina (A Coruña, 1958).

Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Barcelona, completou a súa formación artística na Universidade de Miami, en Nova York e obtivo o doutoramento en Belas Artes pola Universidade de Vigo.
É pintor, videoartista, director de cinema, comisario de exposicións, crítico e docente de arte. A súa obra percorre case catro décadas, dando respostas incisivas aos cambios sociais e artísticos de cada época, cunha valente liberdade de medios.


ANOS 80.

Comeza a súa andaina artística, elaborando unha pintura expresionista, rexa e enerxética, realizada en grandes formatos. 

Moitas das súas obras son autorretratos, realizados con urxencia expresiva, caracterizados por unha extrema agresividade na súa execución, onde a abstracción e a figuración flotan nun mesmo magma.




Insight and Outlook,1984. 200x130 cm. Acrílico/tea.


Os seus traballos conectan directamente con movementos artísticos de máxima actualidade do norte de Europa, como o neoexpresionismo salvaxe; artistas como Rainer Fetting, Salomé ou Middendorf poderían ser os seus compañeiros de viaxe.

Propón con estas imaxes unha contraposición entre a pintura do norte da península ibérica e unha máis amable mediterránea.

O crítico Xosé Antón Castro, inclúeo na súa exposición: “Imaxes dos 80 dende Galicia”, onde xustamente enfronta a arte actual galega con últimas tendencias da arte actual, onde comparte espazo non só cos artistas de galegos de Atlántica, senón tamén con outros da súa xeración como Tono Carbajo ou Din Matamoro.

Á metade dos anos 80 realiza un cambio importante na súa obra (unha constante na súa carreira), coa entrega de Contaminación Litoral, unha obra de denuncia sobre os reiterados naufraxios marítimos de petroleiros que arrasan as nosas costas.

O noso novo artista coñecía a traumática experiencia do Urquiola na Coruña e decide realizar unha protesta artística pictórica...“avant a letrre” (outra constante no seu traballo).

Os tamaños redúcense radicalmente, tensionando aínda máis a súa fortaleza xestual.


Sen título (da serie “Contaminación litoral”), 1986. Óleo/lenzo
.


ANOS 90

En 1991 o crítico e pensador José Luis Brea pública As auras frías (o culto á obra de arte na era postaurática), onde propón a crise de moitos dos paradigmas do pensamento artístico da pintura dos 80, unha reflexión que coincide co mundo da arte fóra das nosas fronteiras.

Do Outeiro, que convive e dialoga co seu tempo, intúe e é consciente deste cambio de paradigma. Empeza a realizar uns traballos autorreferenciais sobre a identidade, o retrato.

Durante a súa estadía de estudos en Nova York, vive en primeira liña as terribles consecuencias da pandemia da SIDA, que na gran mazá orixina un atinado e necesario movemento de protesta política e artística como Silence = Death Project.

Por desgraza algunhas das súas amizades en España tamén sofren os estragos da SIDA, o que o leva a colaborar activamente na acción colectiva Carrying de Pepe Espaliú en Madrid.



Juan de la Colina, participando na perfomance Carrying de Pepe Espaliú.



Na súa obra tamén hai un impacto, pois estes traballos sobre a identidade, utilizando a idea dos retratos tradicionais de familia das familias burguesas, convertidos en retratos de ausentes, “mostrar a fantasmagoría do retratado: a súa ausencia e representación metonímica”. 

Estes traballo ademais de ser a exposición inaugural da histórica Galería de arte Adhoc de Vigo, concrétase tamén nunha gran exposición na Casa da Parra de Santiago de Compostela en 1998, onde ademais de entregarnos pintura mural site specific, propón a súa primeira vídeo instalación, adiantándose ao traballo que empezará a realizar na seguinte decada.





El carro de té, 1992.Ferro e metacrilato.230x130x90 cm.



ANOS 00


Co cambio de século influído pola vídeoarte e a arte feminista dos 70 empeza a traballar coa fotografía e as vídeoinstalacións.

O seu traballo durante estes anos vai derivando de maneira natural cara á investigación histórica e documentalista, sobre a memoria, utilizando a fotografía e o vídeo documental, empeza a investigar con arquivos, exposicións como “Re-Exploded Homes” ou “assassinateassassins”, son un exemplo contundente:

-“Re-Exploded Homes”: A vocación documental das pezas, garda relación coa minuciosa procura de imaxes para reflexionar sobre a idea de ruína desde diversas perspectivas.




Always Falling (o la pesadilla del duque de Northumberland) II. 2011.
Catro fotografías dixitales sobre dibond de 65 x 77cm c/u
(vistas dunha exposición nun almacén en A Coruña).
Always Falling (o la pesadilla del duque de Northumberland) II, 2011.
Catro fotografías dixitales sobre dibond de 65 x 77cm c/u.


- “assassinateassassins”: retratos de 11 mozos asasinos, ou presuntos asasinos, que na súa maior parte foron condenados a morte ou esperan, en cárceres de alta seguridade, o desenlace fatal da súa condena.




38/38 (de la serie assassinateassassins), 2023. Fotografía dixital sobre dibond. 160x120 cm.

Onde podemos atopar a influencia de Andy Warhol ou de Darío Villlalba.


Incluímos aquí algúns links das súas curtametraxes documentais onde arte, creación e investigación histórica interactúan para construír un único artefacto:

- 13 Estampas da Traizón (galego) https://vimeo.com/545933171?share=copy

- 13 Estampas da Traizón (inglés) https://vimeo.com/700067267?share=copy

- Cortázar Galicia https://vimeo.com/545883800?share=copy

 
- Maruxa https://vimeo.com/312931312?share=copy

En 2014 presenta a súa tese doutoral: “Brambletye House. Viaxe identitaria ao século XVII inglés: proposta artística contemporánea”.


Entre os moitos obxectivos desta tese, do Outeiro realiza unha cabriola intelectual para, segundo as súas palabras:

“Estudar Brambletye House -entendido como locus e como casa construída no século XVII-, para poder articular un discurso de contido histórico, que poida edificar o meu traballo plástico”.

Este esforzo permite ao noso artista re visitar dunha maneira científica o seu propio traballo.



Durante estes anos dentro das múltiples facetas do traballo de Juan, temos que incluír a súa dirección artística dos Festivais de Arte sonora na Fundacion Luis Seoane da Coruña, onde conflúe a arte electrónica e sonora, que o noso artista converte noutra maquinaria de expresión.

https://fundacionluisseoane.gal/es/

 

ANOS 20




"Angustiis Temporis MMXX (tempo confinado 2020)", 2021. Vista de la instalación en el Kiosco Alfonso de A Coruña.

A pandemia foi un revulsivo nos modos e prácticas de comunicación do mundo da arte, a utilización das redes sociais de maneira masiva.

Para os artistas converteuse nun medio expresivo de distribución global e democrática, que supón un novo paradigma, pois este vehículo de comunicación ten a súa propia linguaxe, cunha sintaxe e praxe especifica.

O noso sempre vixiante artista reacciona con prontitude, desenvolvendo unha proposta, como sempre non ortodoxa e contaminada onde o “high and low culture”, así como o intimo e a arte fusiónanse.

Aquí esta o seu link: https://www.instagram.com/juandelacolina/

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!