martes, 7 de novembro de 2023

9-11-2023. Mesa Redonda "Proxección Empresarial de Vigo. Empresas de Futuro Kaleido, Marine Struments e Alén Space" [OUTRAS NOVAS] [FORUM IEV]


 Xoves, 9 de novembro ás 19:30.

KALEIDO é un operador loxístico que traballa en proxectos en calquera lugar do mundo por terra, mar e aire, apostando pola innovación. MARINE STRUMENTS é unha empresa innovadora adicada á fabricación de equipos electrónicos para o medio mariño orientados ao fomento de océanos intelixentes e a pesca sostible. ALÉN SPACE é unha empresa que facilita solucións para negocios no espazo a través do diseño, fabricación e operación de nanosatélites a medida, integrada por enxeñeiros formados na Universidade de Vigo.

Presenta María Pilar López Vidal, membro do Instituto de Estudos Vigueses.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!