O mércores 8 de novembro, celebrarase, ás 19:30 h, na Hemeroteca da Escola Municipal de Artes e Oficios, en Vigo, a presentación de Onde ferve a memoria, de Xavier Rodríguez Baixeras, con ilustracións de Baldo Ramos. Un poemario que fica na primavera silenciosa. Onde o poeta consegue
entrar na súa casa, mais só para atopar o abatemento e a disolución de
infinitos voos converxentes de morcegos, que logo asociará ao
comportamento da anguía, cando esta, antes de se esvaecer no mar, xa non
logre regresar en forma larvaria á terra da que partiu.
Acompañando o autor, estarán Xosé María Álvarez Cáccamo, poeta; e Marcos Calveiro, director de Edición de Editorial Galaxia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!