Este venres teremos a tres poñentes moi coñecidos na nosa escena cultural viguesa. Ignacio Pérez Jofre, Juan Gallego e Din Matamoro. Pasarán pola EMAO, nese formato xa consolidado denominado "VENRES DA EMAO" para presentar un proxecto editorial chamado SOLAR DE EDICIÓNS , que comenzou a súa andadura no ano 2022.
Polo de agora levan dous libros publicados. Un proxecto que a priori parece pequeno polo catálogo da nova editora, pero non vos enganedes, unha editorial require moito esforzo, e son moitas as frontes a encarar, tratar cos autores, resolver problemas de imprenta, distribución, promoción, etc.
O obxectivo da editorial é publicar libros de arte e literatura. Eles ententen a edición como un proceso creativo. "Queremos publicar libros que aínda non existen, e sentimos o desexo de ver e ler".
TÍTULOS
ENSAYO SOBRE LA NOCHE É un fotolibro de Nacho Alonso que reflicte a realidade máis crúa da noite urbana. É un libro duro, intenso e conmovedor. A obra de Nacho nace da experiencia, do coñecemento directo das persoas, os lugares, as situacións que captura, o que produce unha impresión de proximidade e empatía.
Este verán estiven de viaxe por España. En Logrono recomendáronme visitar unha librería moi especial, librería Castroviejo, desas que entras e queres levar canto libro ves. A sección de arte e fotografía era moi nutrida. Nada me fixo máis feliz que atopar o libro de Nacho entre os grandes fotógrafos universais. Envieille a foto a Ignacio daquel encontro.
Este venres 10 presentarán a editorial na Emao ás 19:00 horas. Non o perdades
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!