Adíase a inauguración ao luns 27 de novembro ás 18:30
O luns 27 de decembro ás 18:30 inaugúrase a Exposición Proxectos 2023
que exhibirase ata o día 26 de xaneiro de 2024 no Espazo EMAO.
A orixe dos proxectos:
O
novo Plan de Estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
(EMAO), aprobado polo Concello no ano 2015, implantou o nivel educativo
Avanzado, co que se rematan os estudos de cada especialidade. Ese nivel
que pecha o currículum académico das persoas matriculadas, está
destinado a completar a formación técnica e artística do alumnado coa
redacción, selección e posterior desenvolvemento dun proxecto titorizado
polo/a mestre/a. Este proxecto pode orientarse cara á investigación, á
produción, á creación ou á ampliación de coñecementos.
A
exposición que agora presentamos recolle o producto final dos proxectos
individuais do alumnado deste nivel seleccionados no curso 2022-23; en
concreto, das especialidades de:
- Pintura
- Talla e escultura en madeira
- Debuxo artístico
- Serigrafía artística
- Artesanía en coiro
- Moda e Confección
- Ourivería
FICHA DA EXPOSICIÓN
Nome: Proxectos 2023 [Proxectos de fin de estudos do alumnado do curso 2022-23]
Lugar: Espazo EMAO (Sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. (Entrada polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro)
Datas: do 27 de novembro de 2023 ata o 26 de xaneiro de 2024
Horario: De luns a venres, laborables de 19:00 a 21:00 horas
Comisariado: Sandra de Jesús, mestra de Ourivaría e Emma Gónzalez, mestra de Moda e Confección coa colaboración do profesorado de Debuxo, Pintura, Talla e escultura en madeira, Artesanía en coiro e Serigrafía artística.
Cartaz: Federico Fernández Alonso
Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, 2023
Axudante de montaxe: Eduardo Sánchez Arteaga
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!