luns, 11 de novembro de 2024

15-11-2024. Venres da EMAO presenta "Punto de venta, punto de encontro" [ARTESANÍA EN COIRO, MODA E CONFECCIÓN E SERIGRAFÍA ARTÍSTICA]


 

 "Punto de venta, punto de encontro"

Saber transmitir a calidade do traballo artesán ao posible cliente ou ao destinatario dunha peza non é tarefa doada. A presentación do produto, a embalaxe e a súa exposición acurtan esa distancia, pero ¿como facelo? ... Dende catro puntos de vista diferentes, Beatriz Terol (Brackenbridge, Boj), Isaac Romero (Coiraxe e Leather Artisan Lab) e Laura Currais (Blaurtopias) preséntannos a súa experiencia e o seu saber facer á hora da montaxe, preparación e xestión dun punto de venta próximo e no que a calidade do traballo sexa o máis importante.


Presentado por Pepe Pereira, Emma González e Alba Pardo (Mestres de Artesanía en coiro, Moda e confección, e Serigrafía artística da EMAO, respectivamente)
Data: 15 de novembro de 2024
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Entrada libre ata completar aforo.

14-11-2024. Presentación do disco-libro Fremosas de Barahúnda [ATENEO ATLÁNTICO]

Xoves 14 de novembro ás 19.30 horas
 

13-11-2024. Festival do Xapón en Vigo


 

Do 13 ao 15 de novembro celebrarase nas cidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña, a Semana Cultural de Xapón en Galicia, en colaboración co Concello de Vigo, as Escolas de Idiomas de Vigo e A Coruña, a Escola de Artes e Oficios de Vigo, a Universidade de Santiago de Compostela e o Conservatorio Superior de Música da Coruña.    

O Sr. Shinji Minami, Ministro da Embaixada do Xapón en España inaugurará esta semana Cultural o mércores 13 de novembro ás 18:00 na Biblioteca da Escola de Artes e Oficios de Vigo. Como actividade inaugural celebrarase un diálogo sobre arquitectura xaponesa contemporánea e levará a cabo un concerto de shamisen (guitarra xaponesa de tres cordas) polo artista José Luque.

Máis información 

12-11-2024. Presentación do libro "Galicia, un país desnortado e minguante" de Albino Prada [ATENEO ATLÁNTICO]

 
Martes 12 de novembro ás 19.30 horas


11-11-2024. Presentación do libro "Entre a vontade e o destino" de Xosé - Henrique Costas González [OUTRAS NOVAS]

Luns, 11 de novembro ás 19.30 horas

 

Fotos da presentación do espazo "A Balea" [VENRES EMAO]



 

Resumo en imaxes das outras actividades culturais da semana do 4 ao 8 de novembro [OUTRAS NOVAS]

7-11-2024. Conferencia "Os espazos libres da cidade de Vigo e a influencia dos xardineiros-paisaxistas da familia Turc" [FORUM IEV]


5-11-2024. Presentación do libro "A cantiga da burata" de Miguel Anxo Murado [ATENEO ATLÁNTICO] 


4-11-2024. Conferencia "Medicina personalizada e os grandes proxectos xenómicos" por Anxo Carracedo [ATENEO ATLÁNTICO] 

 

luns, 4 de novembro de 2024

8-11-2024. Venres da EMAO presenta A Balea [DEBUXO]

8 de novembro 2024 ás 19.00 horas

Carlota Rivas pilota A Balea, un espazo para crear, compartir, experimentar e perder o tempo traballando ca cabeza e coas mans. Situada en Moaña, o que foi unha panadería familiar transformouse nun lugar onde sentirte con seguridade creando. O antigo despacho é agora a sala de exposicións e o forno deixou o pan pola cerámica, a cestería, a pintura a cianotipia, o gravado ou o bordado.

A Balea intenta que o rural teña un lugar para crear.
 
Presentado por Federico Fernández (mestre de Debuxo da EMAO)
Data: 8 de novembro de 2024
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Entrada libre ata completar aforo 

7-11-2024. Conferencia "Os espazos libres da cidade de Vigo e a influencia dos xardineiros-paisaxistas da familia Turc" [FORUM IEV]

 

Xoves 7 de novembro ás 19.30 horas

Conferencia de Alicia López Rodríguez, profesora de Planificación e Paisaxe na Escola de Enseñeiros de Montes, Forestal e do Medio Natural da Universidade Politécnica de Madrid e técnico especialista en arborado urbano.

5-11-2024. Presentación do libro "A cantiga da burata" de Miguel Anxo Murado [ATENEO ATLÁNTICO]

 

Presentación do último libro de Miguel Anxo Murado que leva por título A cantiga da Burata. No acto, o autor conversará con Xabier Paz e Xesús Alonso Montero; a presentación correrá a cargo de Laura Caveiro.

4-11-2024. Conferencia "Medicina personalizada e os grandes proxectos xenómicos" por Anxo Carracedo [ATENEO ATLÁNTICO]

Luns 4 de novembro, ás 19.30 horas na Hemeroteca da EMAO