Do 13 ao 15 de novembro celebrarase nas cidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña, a Semana Cultural de Xapón en Galicia, en colaboración co Concello de Vigo, as Escolas de Idiomas de Vigo e A Coruña, a Escola de Artes e Oficios de Vigo, a Universidade de Santiago de Compostela e o Conservatorio Superior de Música da Coruña.
O Sr. Shinji Minami, Ministro da Embaixada do Xapón en España inaugurará esta semana Cultural o mércores 13 de novembro ás 18:00 na Biblioteca da Escola de Artes e Oficios de Vigo. Como actividade inaugural celebrarase un diálogo sobre arquitectura xaponesa contemporánea e levará a cabo un concerto de shamisen (guitarra xaponesa de tres cordas) polo artista José Luque.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!