xoves, 30 de maio de 2024

31-5-2024. Venres da EMAO presenta "Xoias da Idade Antiga" [OURIVARÍA]


A base da ourivaría e o traballo cos metais preciosos descubriuse e desenvolveuse na Idade Antiga, 3.000 anos antes de Cristo. Técnicas que actualmente podemos pensar que son moi modernas ou moi dificultosas xa se empregaban en Mesopotamia ou Exipto, e a través de obras feitas por estas culturas analizaremos os modelos estéticos, os materiais e as técnicas e ferramentas que empregaban, sorprendéndonos pola calidade técnica dos seus traballos.


Presentado por Sandra de Jesús (mestra de Ourivaría da EMAO)
Data: 31 de maio de 2024
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo 

Entrada libre ata completar aforo

mércores, 29 de maio de 2024

30-5-2024. Conferencia "Eijo Garay, personaxe clave na internacionalización do Balneario de Mondariz". Ciclo a Historia e os seus Personaxes [BALNEARIO DE MONDARIZ]

 

A vila termal continúa co ciclo “Personaxes e a súa historia na EMAO de Vigo, desvelando unha investigación a partir da primeira fotografía que se ten dun novísimo Eijo Garay visitando o establecemento termal en compañía do Arcebispo de Westminster no ano 1909.

Leopoldo Eijo Garay, vigués de nacemento e o bispo que máis tempo obstentó o cargo de bispo de Madrid, é o personaxe elixido por Balneario de Mondariz para continuar co seu ciclo de “Os personaxes e a súa historia” que conmemora o 150 aniversario da súa fundación. Unha charla, a cargo de Monseñor Alberto Cuevas que terá lugar o xoves 30 de maio, ás 19.00 horas, na biblioteca da Escola de Artes e Oficios, EMAO, en Vigo. E é que monseñor tivo unha relación estreita coa vila termal que coñeceu da man Emilia Pardo Bazán coa que adoitaba gozar de faladoiros, paseo e “curas de auga” durante o verán termal.

29-5-2024. Concerto-Recital Poéticas diversas. Corpo a corpo coa palabra, a música e a danza contemporánea [OUTRAS NOVAS]

Mércores 29 de maio ás 19:30

 

venres, 24 de maio de 2024

24-5-2024. Venres da EMAO presenta a Fundación Museo de Artes Do Gravado á Estampa Dixital [TALLA E ESCULTURA EN MADEIRA]

 

Este Venres da EMAO visítanos Xoán Pastor Rodríguez, director dun dos museos máis importantes de Galicia e de España na súa categoría, xa que alberga unha fantástica colección que acolle cantas técnicas artísticas do gravado operaron dende o século XV ata os nosos días. Con máis de 30.000 gravados de máis de 400 artistas entre o fondo antigo e moderno, no Museo de Artes, ademais de contar cunha ampla programación expositiva moi dinámica, pódense encontrar nos seus fondos estampas de Rafael, Rembrandt, Goya, Dalí, Picasso, Toulouse-Lautrec, Chagall, Saura ou Alberti entre moitos outros, así o Museo e a Fundación cumpren coa tarefa de custodiar ese patrimonio gráfico, conservalo e difundilo xa que moitas das súas estampas son reclamadas en préstamos por museos de todo o mundo.

De todo iso e máis falaremos con Xoan Pastor, que nos contará como chegou esta fantástica colección a un pequeno lugar de Ribeira.

Presentado por Rosa García (mestra de Talla e escultura en madeira da EMAO)
Data: 24 de maio de 2024
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Entrada libre ata completar aforo

martes, 21 de maio de 2024

Concerto de Nicolás Pastoriza [SERIGRAFÍA][BIBLIOTECA]

Algunhas imaxes do concerto de Nicolás Pastoriza na hemeroteca con proxeccións dos traballos que facemos na aula de serigrafía artística da que Nico é alumno. Foi máxico!

 
 
E aquí algunha foto dos procesos de creación das lámparas estampadas na aula con portadas dos discos de Nico para ambientar a sala:

Ensaios con Nicolás, Manu Ares e Paulo Modulador de ondas

Parte do alumnado de Básico de Serigrafía Artística

Paulo Pascual, Modulados de Ondas tivo a amabilidade de amosarnos o funcionamento do Theremin:



Foi moi especial, graciñas Nico!


22-5-2024. CinemAteneo. Flores tristes [ATENEO ATLÁNTICO]

Mércores, 22 de maio ás 19.00


 

O cinemAteneo proxecta a película Flores tristes, coa presenza do director e realizador Teo Manuel Abad.

luns, 20 de maio de 2024

21-5-2024. Presentación libro do Bestiario en pedra [ATENEO ATLÁNTICO]

Martes 21 de maio, ás 19.30 horas,

Carlos L. Bernárdez e Xosé Ramón Mariño Ferro presentan o seu último libro, Bestiario en pedra, Animais fabulosos na arte medieval galega (Laiovento, 2024). O acto será presentado por Anxo Cabada.

Resumo en imaxes das outras actividades culturais da semana do 13 ao 16 de maio [OUTRAS NOVAS]

 16-5-2024. Concerto de Nicolás Pastoriza

 

15-5-2024. Mesa Redonda "Mulleres Xornalistas. Elas abriron o camiño" [Ateneo Atlántico] 
 

 
14-5-2024. Poéticas diversas. Corpo a corpo coa palabra, a música e a danza contemporánea
 

 
14-5-2024. Visita do HC San Rafael.
CAIM zanfona e gaita

Serigrafía artística


 
13.5.2024. Presentación do libro "Un drama nos aires" de Jules Verne [Sociedade Jules Verne de Vigo]
 
 
13-5-2024. O mestre de debuxo orienta ao seu alumnado sobre os recursos bibliográficos da súa sección.