Desde o ano 2015 a Escola de Artes e Oficios está a facer un gran
esforzo para a conservación e restauración de libros, revistas e debuxos do fondo
histórico da súa biblioteca.
Ata o de agora restauráronse 25 volumes. Aos que hai que engadir 15 láminas con debuxos de antigos alumnos para a exposición histórica "A Escola de Artes e Oficios, 130 anos na Historia de Vigo" que se exhibiu no Espazo EMAO entre xuño e outubro do ano 2019.
O criterio de restauración que se seguiu é o de conservar a estrutura orixinal da obra e os tratamentos e intervencións realizados son totalmente reversibles. Esta tarefa foi realizada pola restauradora Carmen Poyán Rasilla que este venres vai contar algúns aspectos moi interesantes do seu traballo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!