Yayoi Kusama (Matsumoto, 1929) |
Este pasado martes a Escola de Artes e Oficios organizou unha saída cultural á cidade de Porto para visitar a Fundación Serralves, sede do Museo de Arte Contemporánea máis importante de Portugal. O Museo inaugurado a 6 de Xuño de 1999 foi deseñado polo arquitecto Álvaro Siza Vieira.
Nesta ocasión visitamos a exposición Yayoi Kusama: 1945 — Hoxe que narra a historia da vida e obra da artista xaponesa. Con cerca de 160 traballos, incluíndo pinturas, deseños, esculturas, instalacións e materiais de arquivo, esta exposición percorree a carreira de Kusama desde os seus primeiros deseños, feitos na súa adolescência durante a Segunda Guerra Mundial ata ás súas obras de arte imersivas máis recentes. Organizada cronoloxicamente e por temas, esta exposición retrospetiva conduce os visitantes a través da produción creativa de toda unha carreira, dividida por grandes tópicos: Infinito, Acumulación, Conectividade Radical, Biocósmico, Morte e Forza de Vida.
Tamén visitamos a exposición Pre/Pos - Declinacións visuais do 25 de Abril que conmemora os 50 anos da Revolución dos Cravos. Nun arco cronológico de 1970 a 1977, a exposición rexistra como o universo das artes refletiu as experiencias e sentimentos que acompañaron o proceso revolucionario e como este se desenvolveu entre o entusiasmo utópico e a aprehensión contida. Exhíbense máis de 300 obras para reflexionar sobre as tensións, contradicións e os paradoxos de antes e despois deste cambio.
Outras exposicións que puidemos visitar foron Anagramas Improbables, que
promove o diálogo entre artistas de diferentes xeracións e xeografías
para contextualizar a arte lusa na escena internacional, e a dedicada
ao arquitecto portugués Álvaro Siza que ten como escenario o novo
edificio do museo deseñado por el. O proxecto de Ryoji Ikeda, Micro/Macro [pavilhão], un dos máis destacados compositores eletrónicos
e artistas visuais do Xapón, que explota as características esenciais do
propio son e de elementos visuais como a luz, tanto a través da
precisión matemática como da estética matemática.
Unha visita moi completa na que non podía faltar un paseo polo Parque de Serralves que ocupa unha superficie de 18 hectáreas e é composto por unha gran diversidade de magníficos espazos harmoniosamente interligados, uns preciosos xardíns onde hai especies de plantas e árbores tipicamente portuguesas, unha rosaleda, un xardín de plantas aromáticas, un lago e paseos con esculturas. Sen esquecer o Treetop Walk Serralves, un paseo entre as copas das árbores ou a visita a Casa do Cinema de Manoel de Oliveira.
Estas visitas inscríbense dentro do programa formativo e de relacións
interinstitucionais para o profesorado e persoal da Escola. Aquí tedes
algunhas fotos dunha xornada moi proveitosa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!