Fernando Franco na súa sección Mira Vigo no Faro de Vigo, publica unha reseña sobre o noso mestre de cerámica Miguel Vázquez, recentemente xubilado. Nesta foto, na porta da Escola, aparece cos seus compañeiros e compañeiras de traballo durante a emotiva despedida que lle renderon xunto co seu alumnado.
Lembrarvos que no Espazo EMAO (Sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (Entrada polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro), pódese visitar a exposición de Miguel Vázquez ata o 23 de decembro no horario de luns a vernes, días laborables de 19:00 a 21:00 horas.
Un dos máis cabais e mellores ceramistas, e por suposto amigo ,que tivemos en Galicia nos derradeiros tempos.
ResponderEliminarUn maestro talentoso y entregado a su oficio y alumnado
ResponderEliminar