O próximo venres, 28 de outubro, ás 19:00, celebrarase na EMAO o acto de presentación do libro de Pepe Cáccamo serendos obsolimos. Trátase dun experimento poético cuxas claves se revelarán o día da súa estrea pública. Cada exemplar –dunha tiraxe limitada a un total de 120- foi confeccionado a man polo narrador e poeta Antonio Piñeiro, un auténtico artista da edición, responsábel da xa dilatada e brillante existencia da editorial Bourel.
Participarán no acto, ademais do autor e o editor, os escritores Gonzalo Navaza –autor el mesmo de obra literaria de liña experimental- en función de presentador e os escritores Rexina Vega e Xavier Rodríguez Baixeras, que, na compaña de Pepe Cáccamo, lerán poemas de serendos obsolimos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!