Mércores 10 de abril ás 19.00 |
Sesión do cinemAteneo arredor da figura de Antonio Rey Soto e da técnica do Benshi. Con Manolo González, autor do libro O Benshi de Galicia. Coa proxección de fragmentos da película Viaje por Galicia (Luís R. Alonso, 1926) narrada ao modo Benshi por Toñi Caseiro. Presenta José Luís Mateo.
O «benshi», era unha figura fundamental no cine mudo japonés, era o
encargado de explicar a trama da película aos espectadores, moitas veces
analfabetos. Partindo desa figura, o investigador e divulgador do cine
en Galicia, Manolo González, nos introducirá na figura dun dos pioneiros
da séptima arte galega: Antonio Rey Soto (Ourense, 1879-Madrid, 1966).
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!